Páginas

sábado, 5 de marzo de 2011

Tocoulle o turno ao segundo barco abandoado nos pantaláns do Náutico


Si fai uns días o barco Plus One era subido a carro despois do seu abandono, desta vez tocáballe o turno ao Lady Gina tamén no mesmo estado e do mesmo propietario. Ao igual que o anterior iate, os mexilóns invadían a obra viva da quilla. Curiosamente entre os mexilón, criábanse e crecían varias das  tan preciadas ostras galegas. Este barco de 14 metros de eslora atópase en perfectas condicións por dentro, dous cuartos de baño, cociña e habitacións. O casco está construído en ferro galvanizado e coa limpeza e amañamento necesarios, quedaría en impecables condicións para a navegación. Tan só a madeira da obra morta e da ponte terían que ser reformadas e os seus dous motores rectificados e postos a punto.




Na foto: Ostras que criou o casco


Foto: Zona da proa


O Lady Gina convertido nunha improvisada batea



Zona da popa e das élices



Finalmente os barcos Plus One e o Lady Gina sairán á venda. A documentación da que precisan os iates para poder navegar será expedida sen ningún tipo de problemas para os seus puxadores.  









1 comentario:

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo