Páginas

jueves, 3 de marzo de 2011

Unha breve entrevista ao Alcalde de Camariñas sobre o PXOM


D.Manuel Valeriano Alonso de León-Pichurri
Si existen tarefas complicadas e necesarias para calquer rexidor de calquer concello, o PXOM  seguramente é unha delas. En varias ocasións escoitouse e púdose ler nos principais medios informativos galegos que, Camariñas entre outras poucas vilas, eran un claro exemplo de feísmo. Son poucos os alcaldes que queiran sacar do caixón o Plan para Ordear o terreo dun Concello porque entre outras cousas poden perder o bastión, o que sí está claro é que o alcalde Manuel Valeriano Alonso de León, máis coñecido como Pichurri, recibíu no seu despacho moi cordialmente e con un trato familiar a esta redacción e aclarou punto por punto o que se lle preguntou, principalmente si un Concello é mellor que teña  Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) ou non. << Miguel, sabes que eu nas miñas profesións  sempre traballei e vin ao Concello tamén a traballar >>




D. Manuel Valeriano Alonso de León " Pichurri ", actual alcalde e próximo candidato polas filas do Partido Socialista no Concello de Camariñas por segunda vez consecutiva, respondía á batería de preguntas que se lle formularon... apretón de mans, con planos e ducias de follas

Mikel: Resumidamente ¿ Qué é un PXOM ?
Alcalde: É un plan para ordear o terreo en todo un Concello. A construcción ten que estar ordeada senón cos anos esto convertiríase no que estaba sucedendo, un caos urbanístico, feísmo etc.           

Mikel: Se non se aprobase dito Plan, ¿ poderíase obrar no noso Concello ? ¿ Por qué ?
Alcalde: Hai que adaptarse aos mundos que corren, imagínate que ti obras só coa palabra, gastas unha pila de cartos que tanto che costou gañar e de súpeto venche unha orde de derribo ou multa por infrinxir no aspecto medioambiental, ou que esa zona verde pentencía a Costas ou simplemente que o veciño che denuncie a Seprona e todo se vaia ao traste. Sería cousa de pensalo moito, hai moitas denuncias por obras ilegais que nalgúns casos e Concellos veremos como poden rematar. Con un plan e unhas normas cumpridas é mellor para todos.


Mikel: A verdade sea dita, en Camariñas quedaban poucos terreos urbanos, ¿ o  Plan perxudica a uns e favorece a outros?
Alcalde: O PXOM favorece a todos. Moitas casas ilegais pasarían a ser legais, aumentaría a superficie en solo urbano e os únicos que se poderían sentir perxudicados provisionalmente serían unhas zonas que tocarían Costas por exemplo, pero que punto por punto se traballou para que nadie quedase excluido. Pola nosa parte ,nunca teríamos inconvinte en legalizar todo o territorio e deixar o márxen que nos piden,desta maneira prácticamente sí quedaría . Zonas como a do Castelo, Camelle e Area da Vila por exemplo tiveron máis contratempos pero a realidade actual é que están ilegais, desvívínme para que entraran. Traballo polo mellor para o ben común dos habitantes. Cos anos e segundo as condicións económicas de cada familia, a nosa fachada estará anivelada e co mínimo feísmo posible.


Mikel: O que queda claro é que moitas zonas ilegais pasarán a ser legais, eso é un avance pero poucos alcaldes teñen a súa osadía. ¿ Qué opina deso ?
Alcalde: Miguel, eu vin para o Concello a traballar, non só a esperar que corra o mes para cobrar. Co Plan Xeral, as constructoras por fin poderán ver a final do túnel no cal tiñan que estar inmersas porque así non se podía obrar. Co tempo verase que era o mellor, as zonas segundo as súas características poderíase darlle máis dos actuais 7 metros de alto (baixo, unha pranta e tellado). O que sí está claro que casas de 4 ou 5 pisos nun núcleo urbano como o noso é unha animalada para legalizar.


Mikel: ¿ Por qué tivo tanta controversia o pleno onde se aprobou o PXOM ?
Alcalde: Non o entendo, eu ao igual que a oposición, sabíamos que  o POL (Plan de Ordenación do Litoral) iba cambiar e habería que voltar a facer outros planos onde serían definitivamente excluidas zonas importantes como en Camelle, Rúa do Castelo e Area da Vila en Camariñas. As liñas de demarcación de Costas excluían moitas casas e eso a min partíame a alma por dentro. Aquí do que se trata é de facer o mellor para Camariñas, partidismos aparte, eu loitei polo que creín xusto e necesario para o bo desenrolo de todos e todas cos polígonos industriais incluídos, todo canto estibera da miña man endexamáis habería problemas.

Mikel: Pois nada máis Pichurri, que che agradezo o tan escaso tempo do que dispós para atender e tan detalladamente a este servidor. Gracias por todo.
Alcalde: Gracias a tí Miguel, sabes que estón aquí á disposición de quen queira aclarar o que sexa.


Fin da entrevista

4 comentarios:

  1. que boa entrevista!!!
    Aupa Mikel, gran fichaxe para a rede costeira!!!!

    Respondinche dende QPC ao correo que nos enviaches o outro día pero veume de volta varias veces...

    Unha aperta e xa sabes onde estamos

    ResponderEliminar
  2. Ubaldo era para agradecer ao voso diario dixital" Qué pasa na costa " a vosa entrada onde mencionástedes Camariñas directo.

    Os correos citados non me chegaron, non sei por qué...Un abrazo e gracias polas palabras....Mikel.

    ResponderEliminar
  3. siempre con cousas que interesan.
    mikel sije asi.mui ben.

    ResponderEliminar
  4. entereime de algo por que antes non sabia muito de esto,gracias mikel

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo