Páginas

miércoles, 13 de abril de 2011

Implicados na Operación Orquestra teñen pendente unha importante deuda coa Administración de Loterías Nº 1 de Camariñas " BOLBORETA "

Jose Luaces na súa Administración
Dende fai semanas, tíñamos un compromiso Jose máis eu, de aclarar algo sumamente importante relacionado en parte co que o  Xuiz de Corcubión en compaña da  Policía, destapaban e saltaba a voces en todos os medios de comunicación. Unha suposta trama bautizada como  Operación Osquestra, vinculaba a políticos, amigos e outros supostos colaboradores co mundo da corrupción,  por primeira vez na historia democrática en varios concellos da Costa da Morte, no medio e lamentablemente, a Administración de Loterías Nº 1 de Camariñas que rexenta Jose Luaces, quedaba colgada cunha importante deuda contraída por un, dous ou quizáis tres, dos nomes que saltaban á palestra en dita suposta trama. Farto de loitar en balde,  de esperar por quen non ven e unha vez exposto ao público a forma de actuar de certas persoas, o xoven e leal empresario camariñán, tamén fixo públicos os seus feitos, sobre todo para que os seus compañeiros de profesión (Loteiros), andiveran con coidado co que califica como negativos persoaxes que enturbian a confianza da grande labor que fan as diferentes Comisións de Festas na nosa Bisbarra. Bastante decepcionado, Jose cre que a xustiza vai lenta, leva case dous anos esperando polo xuizo. Co segredo de sumario xa levantado e con todas as escuitas telefónicas expostas nos medios, o xoven empresario considera que son peores as deudas de ditas persoas a empresas particulares, que o suposto trato de favor no mundillo do politiqueo. Sentado ao carón dunha persoa intelixente, honrado, traballador, emprendedor, leal, claro e moi directo, esto foi o que dou de sí esta particular entrevista dun loteiro que lle adeudan 13.060 Euros en décimos de Lotería máis os intereses da demora...



D. Jose Luaces Vidal está casado con Belén e son pais de 2 preciosos fillos. Empresario Autónomo, é   Tesoreiro da Asociación de Empresarios de Camariñas e representa en compaña de Olga Campos dita Asociación  na FECOM (Federación de Empresarios da Costa da Morte). Comezamos:

Mikel: Hola Jose ¿De qué maneira e quén comprou a Lotería?                                                 
Jose :  Hola Mikel, recibín unha chamada de teléfono no mes de Xullo do 2007, íbamos miña muller máis eu no coche e creo por mediación de Jorge López, chamábame un tal David Rey que segundo el, representaba á Comisión de Festas de San Cristóbal no nome do Concello de Cee... Díxome que necesitaba urxentemente lotería, din volta e cambiei os plans da miña viaxe e fun facilitarlla. Levaron un total de 37.000 Euros en décimos. A David Rey non o coñecía pero a Jorge López sí polo vínculo que ten como representante de varias e importantes orquestras musicais e outros eventos no mundo do espectáculo.

M: ¿Por qué cres que viñeron á túa administración, hai en Cee non?
J :  Ao principio pensei que era un favor de Jorge López, que me mandaba un cliente para que o meu negocio vendera a Lotería desas festas. Despois co cabo do tempo, xente do se entorno   advertíronme que estas persoas xogaban cos cartos duns e outros.

M: ¿Qué forma de pago pactástedes semejante cantidade de Décimos para o sorteo das Navidades para as Festas de San Cristóbal?
J :As mesmas que para todos os clientes, segundo se vaia vendendo hai que ir ingresando a miña parte, gústame que sexa semanal e si non pode ser, á falta de catro días para o sorteo hai que devolver os décimos non vendidos e  liquidar os vendidos. Eu teño que rendir contas do que vendo e pagar nos meus prazos.

M: ¿Cando comezastes a sospeitar de que a ese pago lle estaban dando largas?
J :  En Reis do 2008. Daquí levaron 37000 Euros en total, viñeron antes do Sorteo das Navidades  do 2007 e devolveron os décimos non vendidos que sumaban un importe de 14000 Euros, liquidaron en metálico 10000 e faltaban 13060 Euros para ser exactos. David Rey díxome que estivera tranquilo, que a partires de Reis (2008), en 15 días máis ou menos xa cobraría. Comentoume que tiñan que levar a un pleno dita cantidade a aprobalo polas Festas de San Cristóbal, que o alcalde Ramón Vigo estaba ao corrente. Despois comezou unha peripecia para min, chamaba semanalmente e nada ata que xa non me colleron o teléfono. Miña muller presentouse no Concello de Cee e o alcalde díxolle que el non sabía nada, que  como actuara o seu concellal non era cousa súa, lavouse as mans.

M: Vaia xogada non, ¿De quén sentistes máis decepción ? ¿Quén cres que é o culpable?
J :  En principio levei decepción de Jorge  e despois do actual alcalde de Cee, Ramón Vigo. David Rey penso que é unha marioneta que limpa os trapos sucios de Jorge López e do alcalde da vila da Xunqueira. Arribistas  que queren enriquecerse á costa do diñeiro dos demáis, fácil e rápido sen importarlle as éticas morais dos demáis. Só lles importa eles. Aí están as escuitas do caso en todos os medios de información nacionais e as formas que teñen de actuar, máis claro agua. Para min e neste órde son os culpables; O Alcalde de Cee, David Rey e Jorge López é a cabeza pensante, manéxaos a base de diñeiro.
M: ¿Pensas que acabarás cobrando ?
J :  Na abogacía que me levan o caso dixéronme que sí, afortunadamente conto cun papel ante Notaría desta operación entre a miña Administración e David Rey, el sempre me dixo que as Festas eran cousa do Concello, que levaban esta e as da Xunqueira e de feito dou a cara nun principio firmando ante Notario. O abogado dime que no peor dos casos cobraría en mínimas cantidades mensuais que lle sacarían da súa nómina durante anos. Si se demostrara que o alcalde está detrás, cobraría todo xunto, e síntoo polos contribuintes ceenses que serían quen pagarían os trapos sucios desta xente.

M: ¿Pasouche máis veces algo parecido?
J :  Non, ás veces hubo casos que tardei en cobrar pero cantidades moito máis pequenas, a día de hoxe un par de establecementos que rondan os 2000 Euros estón véndome negro para cobrarlles e curiosamenete tamén son da zona dalá. En Camariñas e ata o día de hoxe a xente cumplíu sempre.

M: ¿Síntestes apoiado?
J :  En parte sí, de feito contei sempre co apoio total do Presidente da Comisión de Festas, Campaña, cando lle comentei que eu formaría parte da comisión das nosas Festas do Carmen pero ca condición de non tratar con estes persoaxes, entendeume perfectamente e quedou sorprendido co acontecido, por desgracia Jorge López move moitos fíos no mundo do espectáculo, incluso me atrevo a dicir que move ao alcalde de Cee como quere, os cartos fano todo. Penso tamén que os medios informativos deberían calar máis fondo no segredo de sumario, nas empresas que estas persoas perxudicaron e non tanto nos favores políticos, afortunadamente o meu negocio seguíu adiante pero poden fundir a calqueira empresa que confíe neles. Dende a Comisión de Festas poderíamos haberlle devolto a mesma xogada pero nós non somos así. Dios nos librara.

M: Jose está por uns momentos coa mirada fixa cara a ventanilla do seu negocio, pensativo recolle os documentos que me amosou punto por punto e con eficaz claridade... Xa rematamos compañeiro, ¿gustaríache engadir algo a esta entrevista? ¿Recordas o número dos décimos?
J : Que é a primeira vez que unha Comisión de Festas me falla, a venda para Asociacións e Comisións representan un total dun 60 por cento para o meu negocio, estas xogadas limítanche á hora de seguir confiando no teu traballo. Quero resaltar a todo mundo pero de novo en especial aos meus compañeiros de profesión, ós Loteiros, que non se fíen destes elementos. Ao grande e valente Xuiz que destapou esta suposta trama, darlle a noraboa polo seu traballo...Gustaríame dicirlle ao Xuiz do meu caso, que non implique a unha persoa sóa, detrás está o Concello de Cee. Iso é o que penso e persoas do entorno de Cee pensan o mesmo ca min, de feito dixéronmo. O caso é que eles disfrutaron desas Festas e ao ano seguinte do meu caso, fixeron outras  que quedei abraiado cando vin semejantes orquestras e con contas pendentes da anterior, eu  estaba facendo o reparto co meu coche e cando vin o cartel deixoume cortado, hai que ser caraduras.
O número dos décimos foi o, << espera que miro para asegurarme >> 80.909, vese que non tocou o Gordo senón acordaríame para o resto da miña vida, aparte, eles achinaríanse.
Nada máis Jose, moitas gracias pola túa amablididade e sinceridade, que teñas moita sorte e oxalá cobres o que che corresponde, preto dos 15000 Euros cos intereses deste tempo de demora.



                                                                   - Fin da Entrevista -


Jose Luaces mostrando os documentos

Despois de departir unhas palabras, chegamos á conclusión que a Política e os Políticos foron e son  necesarios para o progreso da sociedade, que necesitamos de xente con valor, despois si te equivocas non pasa nada, correxirse é crecer...Que gracias a políticos valentes e honrados que traballaron e traballan  humildemente,  chegamos ata onde chegamos hoxe en día. Pero claro, en ocasións, chegan en nombre da política persoas que a ensucian e fan que se perda credibilidade nela, persoaxes arribistas que non lles importa nada que non sexa o seu particular, rápido e fácil  progreso e barrendo todo o que collan por diante. Mentres unha persoa non sexa xulgada, conserva a súa presunción de inocencia e  ninguén é quen para xulgar, pero neste caso hai feitos, papeis, documentos e palabras dun grande  e leal empresario que confiou en certas persoas que lle fallaron, e, a día de hoxe adéudanlle 13.060 euros + intereses.



3 comentarios:

  1. muy interesante Mikel,sinto por estes amigos nosos e familia,pero desgraciadamente hay muitos larpeiros que se aproveitan das boas xentes...espero que a xusticia resolva o mas pronto posible este caso e continue con outros muitos facendo pagar a esta clase de ladrons,que non teñen outro nome...saludos

    ResponderEliminar
  2. Tes todo nso apollo Jose e de Camariñas directo decir que para min e a pagina revelacion.

    ResponderEliminar
  3. non sabia nada de esto.ojala consijas o que e teu.
    animo jose.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo