Páginas

domingo, 10 de abril de 2011

O proxecto para a ampliación do Peirao de Camariñas xa vai collendo forma

Exactamente o día 16 deste pasado mes de Marzo, o Presidente de Portos D. Manuel Álvarez Campana, anunciaba na nosa vila o inicio das obras de ampliación do noso peirao. Sole pasar cando se achegan datas electorais, que os políticos asomen a súa cabeza e despois desaparezcan para sempre, e claro, aos habitantes destes recunchos galegos só lles serven feitos, neste caso e como se pode ver nas mesmas instalacións, o señor Campana SÍ cumpríu con parte do  seu compromiso con Camariñas. Unha obra cofinanciada cun 65 por cento polo FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) que ampliará unha grande área de servizos e amarres de 150 metros de lonxitude por 41 de ancho. Unha grande obra por valor de máis de 3 millóns de euros e que deberá estar rematada dentro dos próximos 14 meses. Esta sería unha das fases previstas dos 11 millóns de euros que se proxectaron para a vila dos Encaixes con data de finalización no 2014. Chegaron as casetas dos obreiros e xa están listos os moldes para facer bloques de formigón. Unha vez a planta de cemento apunte cara os moldes, os blokes sairán como churros. Con un calado (fondo) de entre 6 e 8 metros, o Porto de Camariñas é e seguirá sendo o máis importante da Costa da Morte.


Aquí remata o amarradeiro a día de hoxe

Ata a curva da dereita chegará a ampliación

Norais, bitas de 60 kilos que se acoplarán no peirao

Os Barcos de arrastre inflúen positivamente nestes proxectos





Esta nova infraestructura no porto de Camariñas, levará complementados; escaleiras de aceiro para facilitar a subida dende os barcos, norais de amarre, argolas e postes de máis de 10 metros de altura con proxectores de 400 vatios.

3 comentarios:

  1. vexo que es muy realista,caille un xarrón de ajua a xunta cando eliminou o noitebus e ahora outra ves ves realismo en esta obra,sige asi mik

    ResponderEliminar
  2. non se che escapa ningun detalle.
    mellor informasion imposible.

    ResponderEliminar
  3. Eres solo Miguel,por primeira ves podo entender por onde van comensar e que van faser,e si podes explica tamen as outras fases con fotos ,muitisimas grasias.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo