Páginas

sábado, 31 de agosto de 2013

O Tacatá é o marisco preferido dos lectores de Camariñas Directo

O Tacatá
Como quedou reflexado aquí dende o primeiro día, sempre que se poñe  unha enquisa, despois trátase o tema en cuestión máis detalladamente. Neste caso, falar de marisco son palabras maiores, sobre todo en Galicia. O Santiaguiño leva miles de anos adaptándose a todos os cambios que leva sufrido o noso planeta pero hoxe en día, os de cor vermella (os de mellor calidade) escasean ata puntos cifrados por biólogos mariños como o de "perigo de extinción". Só se poden pescar un ou dous meses durante todo o o ano. Ao non haber abundancia, o mercado dispárase e evidentemente non todo mundo ten a oportunidade de saborealos. Gañou cos vosos votos na nosa enquisa particular por diante do Percebe, Camarón, Nécora e Centola... Pero, ¿Por qué lle chaman Santiaguiño? e ¿Tacatá en Camariñas?                                                                                      



Nasa de polbo

O Tacatá vive entre 3 e 50 metros de profundidade no medio das grietas que hai no fondo rochoso do Mar Cantábrico e Océano Atlántico. Ás veces refúxianse en fondos areosos pero normalmente son os tacatás de cor grisáceo (de menor calidade). Teñen hábitos nocturnos e durante o día agóchanse, as dúas antenas rematadas en forma de paleta, son cas que excavan e removen no fondo do mar en busca de pequenos moluscos e organismos dos que se alimentan. O tacatá vermello está considerado como un dos mellores manjares que nos brinda o noso sistema; potasio, magnesio, fósforo, zinc, proteínas e vitaminas B1 e C  son algunhas das sustancias que teñen dentro da súa exquisita carne. Son decápodos (10 patas) e a talla mínima é de 9 cm. A súa coción con auga do mar anivela a cantidade exacta de sal que necesita (como os demáis mariscos). Tan só se poden pescar un ou dous meses no ano e o seu prezo non sole baixar de 50 euros kilo na lonxa. En Camariñas chámanse Tacatás porque unha vez capturados coas nasas, non paran quietos, están dándolle á cola e facendo tacatá, tacatá como ruído de fondo. O seu nome comercial a nivel nacional é Santiaguiño porque unha vez cocidos, á altura da súa cabeza queda marcada en debuxo e perfectamente identificada, a Cruz de Santiago.  Ata aquí o que dou de sí esta encuesta resaltando que tan só en Camariñas se lles chama tacatás e ás nécoras, lavañeiras.



4 comentarios:

  1. mira que teño comido ben deles,pero nunca supen ni me fijen da crus.
    xa me fijaren.
    ohh non sera broma jajaja.

    ResponderEliminar
  2. si que estan bos!!!,o da crus sabiao,pero o de porque lle chaman tacatas acabo de descubrilo ahora mismo,está ben ,nunca é tarde,jrasias Miguel.

    ResponderEliminar
  3. Antes da TV a miña avoa dicía tixola e culler, despois da TV pasou a dicilo en castelán... incluso estou a escoitar moita "patata" nestes tempos.. A min recuperar algo que foi e debería ser nunca e tempo pedido nin demasiado esforzo. E poñer en valor os dialectalismos (por exemplo os da zona de Camariñas) enriquece ao galego todo aínda que non o usen noutros sitios... así eu sigo chamando as lapas carlous (pois así lles chamaba o meu avó, que na gloria esté), mais procuro ser o máis correcto na miña fala (igual en castelán), pois se os demais me escoitan, e non saben, acaban sabendo.

    ResponderEliminar
  4. que yo dijan a miña muller que como llos compre encarnadiñoos non deixa un,jaja tiñan que ir mais varaatooos....

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo