Páginas

sábado, 31 de agosto de 2013

O 90% dos lectores de Camariñas Directo opinan que o noso pulpo é mellor que o foráneo

Si fai máis dunha década lle preguntáramos ás pulpeiras locais (antes de darse a coñecer) qué producto era mellor, o das nosas rías ou o de Marrocos, obviamente trataríanche de floxo paladar pero hoxe en día as cousas cambiaron 360º. Na súa contra, biólogos, chefs de prestixiosos restaurantes e a maior parte dos consumidores prefiren os productos da nosa costa, os "Made in Galicia" pero a realidade xa non é tal entre varios profesionais (galegos) da materia. Fai escasos meses, unha das pulpeiras que máis tentáculos corta e despacha ao público en importantes feiras confesou abertamente aos medios que o pulpo de Marrocos é mellor que o galego. A falta de abastecemento estable nas nosas rulas foi abríndolle campo ao cefalópodo, primeiro portugués e agora mauritano e daí saen os prezos do noso producto. Das súas augas, por poucos anos máis, sen explotar, saen miles de kilos diarios e segundo a bandeira de conveniencia da flota, unha importante cantidade dese producto acaba chegando ás cámaras conxeladoras galegas mediante containers, principalmente ao porto de Vigo. Esta mesma semana, a conxeladora máis importante de Galicia, Rosa de los Vientos, confesaba ao diario "laopinión" que no último mes máis de 25 containers estaban a punto de manipularse para dar abastecemento ao mercado. Segundo a mesma empresa, antes do seu envío (conxelado) persoal da planta viaxa a terras africanas para comprobar in situ o producto. Os arrastreiros galegos foron expulsados pero os chinos controlan a maior parte da flota cefalopodeira marroquí e as capturas abundan e pululan ata Huelva. Nunca enquisa colgada aquí durante esta semana, só unha persoa considera que estes dous productos son iguais e o resto de "ip,s" (só un por pc) opina que é mellor o pulpo galego. Cada cual ca súa razón pero hoxe en día a relación oferta-demanda non se centra nos nosos mercados, aínda que as capturas sexan baixas (en Galicia) o seu prezo non varía en absoluto, ao igual que si as capturas fosen máis elevadas  ca demanda. Aquí, e de momento, manda Marrocos e os exemplares de 1kg a 1 kilo e medio custan en lonxa 2´ 70 Euros (máis ive) e o 99% do pulpo que consumimos xa só conserva de galego o emboltorio ca insignia da conxeladora, anque bueno, quizás estibemos vivindo durante todos estes anos ca equivocada razón que os productos galegos eran dos mellores do mundo (en terra e no mar).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo