Páginas

sábado, 11 de febrero de 2012

O cabo máis occidental de España podería ser invadido polo sector acuícola

Foto e fonte: Quepasanacosta
Lembrades aquela loita de debates de si era mellor conservar virxe e protexer a nosa costa ou pasar algún toxo por alto e crear emprego?...Debates aparte, xa é unha realidade e no punto de mira dos emprendedores do sector acuícula xa está o cabo máis occidental da nosa querida España, Touriñán, pertencente á vila da Barca (non a Fisterra). Pescanova que xa ten adquiridos terreos en plena Rede Natura e nun paraxe dos mellor conservados da Costa da Morte pode instalarse alí cando o vexa oportuno a partires de Outubro e comezar a explotar os máis de 350.000 metros cadrados que tiña previstos. Desde Mar, Rosa Quintana asegura que se respetarán de forma equilibrada ditos proxectos no referente ao impacto medio ambiental nunha zona catalogada con nivel 4 a pesares de que máis da metade dos terreos adquiridos ocuparían terreo altamente protexido, co nivel máximo imposto pola UE. A Universidade de Santiago e Adega entre outros non están a favor deste tipo de proxectos, e ti...Qué opinas?...instalarase alguén na situación actual de crise?...Esperarán por unhas boas axudas estatales ou mellor dito, Europeas?...Félix Porto, alcalde de Muxía pronunciouse en varios medios a favor deste tipo de inversións para intentar frear tanto desemprego e vendo este tipo de iniciativas como favorables e futuristas, os estudos calculan que nun futuro próximo o 40% do peixe consumido no mundo será criado en piscifactorías. Mentres tanto, en Camariñas, por poñer un exemplo, canta axuda terían que ter os emprendedores do mar, un redeiro xenera case un cuarto de traballadores da plantila fixa que poidan xerar empresas deste tipo e con axudas de varios millóns de euros ás súas costas...De todas formas sexan sempre benvidos os traballos por unha costa históricamente abandonada á súa sorte.

2 comentarios:

  1. o que esta visto e que todo ten presio.
    El que tiene plata jode y mata...

    ResponderEliminar
  2. Antes o PP,na oposición,opoñianse a este tipo de infraestructuras metendo pegas de calquer tipo e ahora no goberno dan luz verde a estas ditas granxas acuicolas en un paraxe de nivel máximo de protección!!
    Fan o que sea por conseguir votos ante o afán de poder.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo