Frío, fame e pelo. Este dito que moitas veces se escoita polos mundos mariñeiros cando o inverno está na porta parece ser que está instalado nas entrañas do Río Grande en forma de neveira e que inexplicablemente non da marchado de onda nós. Remitímonos ás palabras dun gran amigo e colega de profesión, O Rancho onde irónicamente lle espetaba esta tarde a este que escribe que posiblemente os conxeladores de Gallego Pereira ou Ezequiel sexan os culpables (en parte) da atracción desta ola de frío polar procedente de Siberia e Asia Central e que se produce cada sete anos, constatado desde a Axencia Estatal de Meteoroloxía. Con máis de 200 mortos en Europa esta ola de frío está considerada como a máis severa desde os anos 50. Os 10 grados negativos que se rexistraron nos montes de Ourense produciron a sensación de -20 polo forte vento de nordés. Por aquí, pola costa a temperatura non chegará a 10 grados pero a sensación de frío será moito maior en parte tamén pola forza de vento moderado de nordés que se espera nos próximos días, fin de semana incluída, non imaxina un o frío que habería si ca humidade que reina nos portos de mar, semejantes temperaturas se instalaran entre nós...viernes, 10 de febrero de 2012
A ola de frío polar e os fortes ventos de nordeste seguirán con nós a semana que ven
Frío, fame e pelo. Este dito que moitas veces se escoita polos mundos mariñeiros cando o inverno está na porta parece ser que está instalado nas entrañas do Río Grande en forma de neveira e que inexplicablemente non da marchado de onda nós. Remitímonos ás palabras dun gran amigo e colega de profesión, O Rancho onde irónicamente lle espetaba esta tarde a este que escribe que posiblemente os conxeladores de Gallego Pereira ou Ezequiel sexan os culpables (en parte) da atracción desta ola de frío polar procedente de Siberia e Asia Central e que se produce cada sete anos, constatado desde a Axencia Estatal de Meteoroloxía. Con máis de 200 mortos en Europa esta ola de frío está considerada como a máis severa desde os anos 50. Os 10 grados negativos que se rexistraron nos montes de Ourense produciron a sensación de -20 polo forte vento de nordés. Por aquí, pola costa a temperatura non chegará a 10 grados pero a sensación de frío será moito maior en parte tamén pola forza de vento moderado de nordés que se espera nos próximos días, fin de semana incluída, non imaxina un o frío que habería si ca humidade que reina nos portos de mar, semejantes temperaturas se instalaran entre nós...
Publicado por
Camariñas Directo
ás
21:04
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)












imaginade que bonito tiña que ser camariñas con neve.ojala nevara.
ResponderEliminarveña,veña,que non hai tanto frio jajaja.
si oh,,eu non me acordo de nevar en camariñas e xa teño uns cuantiños anos,ejjejjejej
ResponderEliminar