Páginas

sábado, 7 de abril de 2012

O deseñador e director de Galicia Fashion Week "Jose Matteos" estará hoxe na Mostra do Encaixe



Foto Facebook J.Matteos

Hoxe pola tarde acercarase a Camariñas un dos deseñadores máis internacionais no panorama da moda e formará parte do xurado na Capital do Encaixe. O xoven experto xa espuxo nas pasarelas de New York, Tokio e Milán entre outras o seu estilismo máis moderno con encaixe de Camariñas. Dende o día da inauguración da mostra dentro do espazo destinado a firmas recoñecidas, poidéronse ver estilismos das súas últimas coleccións presentadas en Mercedes Benz Madrid Fashion Week . Matteos fai fincapé á importancia da internacionalización da feira camariñana e recalca que cantos máis países se acerquen a este recuncho da Costa da Morte mellor. Este prestixioso galego que sempre apostou polo traballo das palilleiras tamén presentou en colaboración co concello unha exposición no Parador dos Reis Católicos. "Extreme", o seu último video dirixido ás redes sociais , enfoca a visión artística do encaixe mesturada ca audiovisual. Un ton de fondo que acompaña constantemente á modelo internacional, a china Jiaojiao Yao é a exposición particular que Jose Matteos lanzou nun proxecto futurista integrado por arte, fotografía e performance co aliciente principal, Encaixe de Camariñas. Está claro que hai quen nace con arte e Camariñas é unha privilexiada poder contar con almas artísticas tan relevantes no panorama mundial da Moda como neste caso.  Dende neno sentíuse atraido pola arte e creatividade en cualquera das facetas: moda, belas artes, fotografía... este galego polifacético e dinámico comezou  estudios de moda ós 14 años na Coruña, no centro Mestre Nicolás do Rio onde se graduou como técnico superior de deseño e moda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo