Páginas

sábado, 21 de abril de 2012

Os pecios da nosa costa, fonte dunha gran riqueza heredada de xeración en xeración

Cada naufraxio é unha lamentable desgracia e a historia que marca cada buque, avión ou calquer outra nave que acaba nas profundidades do mar non desaparece unha vez forme parte do cementerio mariño. Son uns cuantos os localizados na costa camariñana e bastantes os pecios que a saber donde reposan nas entrañas do océano. Estos pecios favorecen á reprocción e cría dos maiores exemplares de peixes e crustáceos sobre todo nos amplos e monótonos fondos areais. Non son moitos os profesionais que coñecen os antigos cascos de barcos aceirados, restos de avións, submarinos e incluso tanques de guerra e containers. Aos poucos meses de que a nai natureza limpe os resíduos de aceites e outros contaminantes comenza a poblarse de fitoplancton, pequenas algas e incluso corais. Xa co paso dos anos, un arrecife deste tipo queda perfectamente moldeado co medio mariño porque as diferentes formas de vida submarina déixano totalmente mimitizado. En Camariñas son sabidos grandes patróns como Lalo, Carballo e Choniño (actual patrón maior) os que sacaron cas súas artes de pesca os mellores exemplares de langosta, lumbrigante, congros, meros, etc. Evidentemente como opinión personal, non serían rentables a poucos metros de profundidade (Ría) polo fácil acceso dos ranas nin tampouco pegados á costa (pola braveza do mar) pero sí en zonas protexidas e reservas mariñas. Hoxe en día é fácil localizalos cos sistemas GPS pero os que se saben de antes e non todos localizados na cartografía, son patrimonio de riqueza, cultura e histotia que se hereda de pais a fillos...



Paises como Venezuela, Filipinas e Estados Unidos levan anos empleando arrecifes artificiais para repoboar bancos de peixe en zonas que antigamente eran boas pero que actualmente estaban sobreexplotadas. Na imaxe da dereita, o barco fantasma que apareceu sen tripulación, un ano despois do tsunami de Xapón. Navegaba á deriva constituindo un grave perigo para a navegación. O presidente americano decidíu fai semanas afundilo.
Na imaxe dabaixo (foto Telealmeríanoticias.es) pode apreciarse unha estructura de formigón que foi elaborada no ano 1994. Cinco anos despois o censo de especies mariñas nesa zona aumentaba en 10 o número de novas familias. Na actualidade destacan a cantidade de cardumes de meros e todo eso regulado, evidentemente é unha gran fonte de riqueza para mariñeiros e turistas que poñen o traxe de buzo en áreas reguladas para dito fin. Aquí, na nosa costa, a varias ducias de brazas de profundidade, restos de barcos afundidos durante travesías de pesca e guerras (mundiais) seguen sendo lenda viva e de enorme riqueza pola cría dos cada vez máis desaparecidos Lumbrigantes, Langostas, Congros, Meros, etc. Ou será que co paso do tempo os auténticos coñecedores patróns se retiran e quen sabía sabía?.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo