Páginas

miércoles, 25 de abril de 2012

Petra fai que a flota pesqueira siga amarrada a porto ata venres


Momento dun chubasco e fortes rachas de vento dentro do peirao

Tocoulle desta vez o turno a borrasaca Petra. Curiosamente sempre nomes femininos, o fenómeno adverso deixou durante esta pasada noite, rachas de vento de máis de 120 km/h e olas de 6 metros. Non será ata mañán cando empece a remitir e a semana que ven promete ser calmada. Será unha semana decisiva para que as embarcacións de artes menores poidan ir recoller as súas nasas do mar despois de dúas semanas sen saber delas. Incógnita de momento o día da suposta veda do polbo porque non se sabe nada oficialmente. Debería cerrar tamén o día 1 do mes vindeiro, o mesmo día que cerran as puntas nas cales se pode faenar, é dicir, a partires dese día, unha lancha ainda que teña 4 metros de eslora está obrigada a faenar por fora da Virxe do Monte e Virxe da Barca nunha línea imaxinaria. Semana importante e de moita faena onde os muelles estarán ataigados de aparellos. Son moitas as redes e nasas, os barcos e mariñeiros e moi poucas as voces que representan á baixura na próxima e temible PPC (política pesqueira comunitaria) na cal é indispensable coller o toro polos cornos e plantar unha viablididade certera e realista. Mentres tanto, os mariñeiros estarán estos días preparando as diferentes artes que empregarán ata Xullo, outros (bastantes) irán a engrosar as listas do paro unhas cuantas semanas, lei de vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo