Páginas

viernes, 27 de abril de 2012

A veda do polbo será a partires do día 1 de Maio e durará dous meses


A falta de 4 días para chegar o día 1 do mes de maio, xa é oficial a orde da parada obrigatoria que terán que respetar os barcos pulpeiros. A veda do mellor polbo do mundo (o galego), durará os meses de maio e xuño. Ata o día 1 de xullo todo exemplar fresco que se poidera atopar en algún mercado, non é legal ou é producto foráneo. Quedan polo tanto dous meses nos cales o armador non ten dereito a paro e aproveitarase o tepo para poñer os barcos a punto. Por otra parte, o sector redeiro case ao completo comezará a faenar e o porto seguirá con movemento, habitual e moi loitado por parte das xentes do mar. Non somos expertos en recortes pero no mar, estes nunca son productivos. Sería impensable reducir gastos de mantemento nos buques, en aparellos ou en comida no bolso á hora de sair do porto. A larga perderías máis do que gañarías. Dito vello " Ao mar non se engaña ".

3 comentarios:

  1. teren que quedar estes dias sin o meu pulpiño lojo o da ria de camariñas e e lojo os patrons non sodes de dios pa cobrar

    ResponderEliminar
  2. Vexo correcta a veda pero debian ser dous meses mais.Evidentemente cas mismas condicions que os barcos de maior porte como os arrasadores,digo,arrastreiros.A flota de baixura representa a maioria de asalariados na SSSocial.En cans pequenos si os abandonas todo son pulgas e a razon de ser de España esta en mans de radicales europeos que non teñen nin remota idea do que e a patria galega,esa esta por encima de europa,euro e de quen sea.Vida a nosa pesca.

    Alo maikel

    ResponderEliminar
  3. tiñan k ser 4 meses ou asi,k fan bastantes cartiños.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo