Páginas

jueves, 10 de mayo de 2012

Prohibido pescar merluza cando remate esta semana?

A pesares de que ningún medio informativo fai mención ao respecto (ata o momento), humildemente atrevémonos a adiantar que a partires da vindeira semana, queda terminantemente prohibido pescar merluza (mínimo ata Xullo). A Comisión Europea de Pesca e o medio esgotado TAC din que hai que tirar toda a merluza que veña nos palangres, nin un só exemplar abordo. Coa veda do polbo tamén en curso, queda unha apetecible opción para os centos de barcos que viven únicamente do palangre e das nasas, ir ao congrio. Con un pouco de sorte e con toda a flota en acción, aparte de sobreexplotar a costa por completo, este peixe podería acadar prezos desorbitados que tranquilamente poderían rondar os 10 céntimos kilo, é dicir, un barco que consuma entre gasoil, carnadas e custes de seguros, montepíos e mantemento dos palangres, uns 200 euros diarios...cunha sabrosa captura de 700 kilos de congrio, as ventas rondarían os 70 euros...dahí sacas vendedor e transportista e o sobre a recibir pode rondar os 20 euros...tan só 180 euros de perdas diarias. Como iso non lle cadra a ninguén, sería como chicar o mar cun tolete, a maioría da frota amarrará e esperará dous meses a velas vir. Si a iso lle engadimos os meses de mal tempo, o choio de pescador convírtese en pecador. Todas as medidas de mellora son positivas e máis se trata de recuperar caladoiros pero nunca nos últimos anos, houbo tanto peixe deste tipo. Estudos científicos certifican que recuperou máis do 54% a cantidade de xarda e pescadilla. Tranquilamente podería recuperar un 1.189% si se prohibe pescar nada durante vinte anos e así as rías encheríanse de todo tipo de especies para que os ricos, nos meses de vran poideran cas súas innovadoras lanchas, traxes de neopreno e canas de pescar, divertirse cos tan apetecibles polbos, robalos, centolas e cabalas. E nós, por qué non, ser rescatados tipo Bankia e vivir do noso entorno virxe.

6 comentarios:

  1. o k non entendo e x k o congrio non ye meten paro tamen.

    ResponderEliminar
  2. parece vergonzoso que non sepades ben as datas de vedas.Eu creo que cando se publica aqui e porque hay algo de fondo,coñezoche algo mikel.Sobre o comentario que di que deberia aver paro no congrio eu penso que pouca xente vai e por algo sera,ademais algun dos que vai a merluza teria tamen que ir o congrio e iria mas barato inda do que vai.Creo como dis ti redactor,20 anos de veda e o mar pa rriba coma espuma jejeje

    ResponderEliminar
  3. O QUE TIÑAN QUE FASER E RECAUDAR DOS IMPUESTOS QUE SE PAJAN NO MAR QUE CADA VES SON MAS E REPARTIR OS MILES DE MILLONS QUE CHUPAN PA CURSOS E ASOSIASIONS FANTASMAS QUE LEVAN O PASTEL A SUA CASA E OS MARIÑEIROS MER.....SOBRE OS COMENTARIOS DARRIBA DESIR QUE TIÑA QUE FASEREN VEDA DE TODAS ESPESIES E PAJAR CO QUE CHUPAN AS XENTES DO MAR PORQUE ESES CARTOS SON SUPOSTAMENTE PARA OS DO MAR.

    ResponderEliminar
  4. 20 anos de veda,pa arrasalo en 1 mes,non esta mal.

    ResponderEliminar
  5. eston dacuerdo co de eskilmar,antes lebaban a culpa os pequenos pero ai barcos que todo que teña ollos ben para abordo,segun a prensa claro esta,podedes mirar en diarios da coruña e non vos estrañedes que aqui fan o mesm e son os que mas lengua teñen polo hf

    ResponderEliminar
  6. NON SE PODE GENERALIZAR PERO A MAYORIA DE PESCADORES GALLEGOS SON ESKILMADORES PERO AS VEDAS SON NECESARIAS E CANTO MAS TEMPO MILLOR,PARA O RESTO DO TEMA XA ESTAN AS AUTORIDADES,PA ALGO LLES PAGAMOS E SENDO TODOS CORRECTOS ESCUSAMOS AUTORIDADES

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo