Páginas

martes, 31 de julio de 2012

Videomontaxe de Currodetrás en honor á Virxe do Carmen 2012


Hoxe, que o escaso tempo libre nos permite saltar da embarcación de pesca a esta embarcación virtual procedemos a publicar algo máis de 9 minutos que agrupan fotos e curtos videos montaxe realizados polo romeiro por excelencia da procesión marítima coa colaboración tamén de Lucía Pasantes. A Salve, este ano interpretada a capela, sempre está presente en homexaxe a todos os mariñeiros especialmente aos que nos deixaron no camiño desta vida. Queda cerrada desta maneira a cobertura feita durante a procesión máis importante da Costa da Morte agradecendo imperiosamente o traballo dos nosos veciños para que fose posible amosar aos lectores que están fora (e a nós mesmos) estes recordos enmarcados para a historia (a non ser que dean quiebra) en youtube. Non te perdas nos vindeiros días algunha que outra programada entrevista e a participación de "Si non o leo non o creo" que unha vez á semana vai entreter maxistralmente aos lectores expandidos por Camariñas Directo con extravagantes, irónicas e moi peculiares noticias a nivel nacional e mundial.

4 comentarios:

  1. Para os que non puidemos vivir convosco, un ano mais, as nosas festas, resulta moi emocionante ver estas imáxes e o moito que significan para os que nacemos no Rueiro Novo e fomos criados no seo dunha familia mariñeira. Moitas grazas, Mikel, de corazón, por lembrarte con este fermoso detalle dos camariñáns que estamos lonxe. Camariñas sempre vai connosco.

    ResponderEliminar
  2. Estou de vacacions en Camariñas e acabo de ver este videomontaxe da procesión do Carme.A pesares de ter ouvido tantas e tantas vegadas a Salve mariñeira esta chegoume especialmente o fondo do corazón porque cantada asi a pelo chega mais.Por certo ¿quen é a cantora? Felicitoche de corazón por tal como levas esta páxina. E un soplo de aire fresco no medio de tanto politiqueo barato que corre pol-o aire.Un abrazo e felicidades
    Juan Ferreira

    ResponderEliminar
  3. Benvido a túa casa Juan. A Salve foi obra de Manolo e penso que a que canta é Diana Navarro. Saúdos e felices vacacións.

    ResponderEliminar
  4. Maravilloso día en general e tamen o video e como non a parte que puxestes para que así fora,jrasias Migel.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo