Páginas

miércoles, 25 de julio de 2012

A pesca de arrastre está no punto de mira da Comisión Europea

Posiblemente este sexa un dos temas máis delicados a tratar por calquer profesional que viva do mar pero é a pura realidade. Si por estribor andamos a voltas con serios cambios de rumbo na vindeira PPC (Política Pesqueira Común), por babor Bruselas xa lanzou un misil á Consellería de Pesca advertindo da "prohibición" da pesca do arrastre. O noso secretario de pesca, Carlos Domínguez rechaza a taxante proposta que lle chegou a semana pasada desde o seno da Comisión Europea alegando que non hai datos (?????) científicos que demostren que esta forma de pescar arrasa con todo que colle pola proa. Xavier López, científico cualificado de Oceana, defensora dos mares levalle a contraria ao secretario de pesca e aclara que non pode ser considerada pesca artesanal nin recibir subvencións da Unión Europea a pesca de arrastre, que para nada  cumplen os criterios de sostibilidade que esixe unha regulada pesca sostible na futura PPC. Greenpeace que "SI" está dacordo ca pesca artesanal auténtica (a forma de pescar dos pequenos buques) levan tamén anos loitando en contra desta forma de pescar, advirten que pescar arrastrando as redes polos fondos, aparte de atrapar toda especie que exista, provocan un enorme dano ao ecosistema mariño ao seren removidos os sedimentos que quedan en suspensión e que afectan ás numerosas especies. Andan as augas revoltas no arrastre e vai ser difícil convencer ao seno da Comisión Europea de Pesca que o arrastre é marabilloso. Os perxudicados, evidentemente os propios afectados, os beneficiados, moitos outros profesionais do mar... no medio, cuestionada, a potente e todopoderosa frota, a máis subvencionada ata o día de hoxe pola proa e pola popa. Sopran ventos de prohibición "progresiva" da pesca de arrastre de fondo nas augas profundas do Atlántico Noroeste con España, Portugal e Francia como principais afectados. Non vai ser nada doado pero ca realidade na man e a "nivel local", cantos naseiros poderían dormir tranquilos (non serían arrastrados os seus aparellos legalmente largados) cando algún arrastreiro (non todos) non respetan as líñas e profundidades esixidas para tirar as redes, cantas toneladas de cables aceirados non tería que soportar a Ría de Camariñas (baixen buzos e comproben), cantas bocetas de metros e metros de redes evitarían empacharse nas hélices de medianos e pequenos barcos de baixura co consecuente risco de quedar sen máquina e acabar tirados nas rochas. Que a nadie lle estrane, ca verdade e sempre por diante, torres máis altas caeron.

3 comentarios:

  1. E ti que estas a favor ou en contra? Chapó chapó y chapó

    ResponderEliminar
  2. Thanks for your marvelous posting! I genuinely enjoyed reading it, you could be a great author.
    I will always bookmark your blog and will come back in the foreseeable future.
    I want to encourage yourself to continue your great posts, have a nice evening!
    My page ... sem

    ResponderEliminar
  3. Thank you very much for your words and welcome to this window Camariñas. I hope my translation guide me well to your comment. a greeting.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo