Páginas

viernes, 10 de agosto de 2012

Pescadores aficcionados aos calamares fixéronse cargo da reparación dunha farola do peirao de fora

Chega o verán e como ven sendo habitual desde que existen luces nos portos moitos turistas asómanse ás zonas dos peiraos relativamente tranquilas para lanzar os seus sedais para distraerse, liberar estrés e como non, para pescar os sabrosísimos calamares. Antes, durante e despois da época estival é asíduo ver a veciños do noso concello e lindantes practicar a pesca deportiva pero este ano temíanse o peor porque unha das principais farolas para os calamareiros levaba un tempo averiada. Unha simple lámpara era a causante do pre-estrés de varios pescadores incondicionais e non tiveron mellor idea que dirixirse as dependencias de Portos a expoñer o seu problema. Lonxe de atopar unha solución rápida decidiron facerse cargo eles mesmos de reparar a deteriorada e potente bombilla e recolectando 4 euros por cabeza a razón de 20 sufragaron os 80 euros (mano de obra incluída) que se necesitaban para chamar a un operario autorizado e así devolverlle ao peirao de fora o seu habitual aspecto. Son moitas as horas que se poñen nas rochas departindo piques (de quen pesca máis), conversas e ata cafés bendicidos en auga bendita e o prezo dun cubata non podía desbaratar aos ilusos pescadores de calamares da ría. Si case todo nesta vida ten solución, habendo voluntade e aínda que arriba digan que non teñen patacón.

7 comentarios:

  1. Merecida dedicatoria a estas persoas asiduos a pesca deportiva,e onde deixa en evidencia as institucions a cargo do mantenemento das infrastucturas.Noraboa a pola boa voluntade desas persoas e polo redactor por facernos participes de informacion tan elocuente como esta cronica.Bravo Miquel
    De KIÑOS

    ResponderEliminar
  2. esta praticamente proibido,pescar con luz de noite,non sei si o sabedes,eas multas son cuantiosas,eu seino x esperiencia,non ai permisos para pescar con luz de noite.e os k benden os calabares ai k declaralos non bale en b.

    ResponderEliminar
  3. non se pode si pos ti a luz pero nos puertos e habitual pescar en elas e do declarar si non fas non sei que cantidad non e obligado,si e declarar os patrimonios dos paraisos fiscales que rouban das nosas atribucions,vivan os nosos calamares jjjejejej

    ResponderEliminar
  4. pois bon coller a milla chalana e meterlle 1 par de luces,ben potentes e meterme diante das farolas,ou na ria.lojo,alei sera pa todos igual supollo.

    ResponderEliminar
  5. ke tanta malda hay neste pueblo,que daño faseran os ke pescan e unha tradicion dos muellese un atrativo turistico,tampouco pode entrar nadie nos puertos que non estea vinculada con traballos do mar e veñen e a veces hasta estorban e inda tes que calar,malda fora do pueblo

    ResponderEliminar
  6. o da chalala caja por ti jejejej non se pode faser tantas cousas............(Nota: O Resto do comentario, sentindoo, foi eliminado por considerar que se podia entrar en provocacións, descalificativos e insultos que nunca terán cabida aquí...Mikel)

    ResponderEliminar
  7. k non baian kdar muitos peixillos no fondo este ano,ajaj

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo