Páginas

viernes, 21 de septiembre de 2012

O Serviola 1 foi reflotado e remolcado na tarde de onte ata os asteleiros do Freixo

Foto; La Voz de Galicia
Si por unha banda seguen as investigacións para esclarecer os motivos do accidente do Serviola contra unha das bateas do polígono que hai na Ría de Muros, por outra banda seguen os traballos de recuperación do pequeno cerqueiro. Cun boquete no costado de estribor que foi o causante da vía de auga e posterior afundimento, o barco estaba afundido a unhas 15 brazas de profundidade (22 metros) e na tarde de onte era reflotado e varado nunha praia para taponar provisionalmente por carpinteiros do Freixo (Outes) a parte do casco dañada e así remolcalo ata os asteleiros. Os mariñeiros (dous senegaleses e un marroquí) e o patrón declaraban tamén este pasado mércores en terras muradanas sobre o suceso ante a Comisión de Investigación de Accidentes Marítimos.  O patrón do barco, Jesús Queiruga aproveitou a presenza da conselleira de pesca Rosa Quintana durante o enterro de Manuel (D.E.P), o único mariñeiro falecido, para expoñerlle a sua queixa por non estar sinalizadas as bateas da Ría de Muros-Noia sen recibir contestación ao respecto ata o momento (segundo a súa versión). Tamén se laiou de que son uns 60000 euros os que necesita para facer fronte ás reparacións porque para máis inri (segundo fontes moi fiables) non dispón de seguro no seu buque. O Serviola 1 que o único que conserva da decoración da súa silueta desde que partíu de Camariñas é o serviola (un home vixiando cos prismáticos pintado na proa) podería volver a navegar próximamente. Sobre a sinalización das bateas cabe salientar que non están identificadas en todas as cartas marítimas das que dispoñen os gps.plotter dos que van provistos os barcos que navegan próximos a elas e a non ser que esteas atento segundo a segundo e palmo a palmo de mar á pantalla do radar ou que sexan ploteadas a plena luz do día polo mesmo patrón, sin sinalizar son un peligro latente para a navegación e máis se falamos de barcos que "naveguen por primeira vez" pola citada ría. Ven sendo como un laberinto formado por centos e centos de metros cadrados ás súas anchas no medio do mar e por ter, non teñen unha simple bombilla que as identifique. Están ancladas pero as noites son noites e lamentablemente sempre teñen que pasar traxedias e a base de paos  para que corrixamos e aprendamos dos erros causados polo ser humano. O peor foi de quen marchou para sempre porque o resto todo ten solución, a base de paciencia, a mesma que tiveron os lectores de Camariñas Directo durante os días que non se actualizou nada por aquí e onde o 95 % dos mariñeiros e patróns de Camariñas queren, confirman e motivan día trás día ao seu redactor  para que esto siga a pé de cañón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo