Páginas

sábado, 6 de octubre de 2012

A empresa constructora Lires Cons S.L construirá o tanatorio municipal de Camariñas

Foto: viarural - Fonte: Máis Camariñas
Por fin e despois dunha dura batalla entre o goberno socialista e a oposición popular sobre todo este útimo en contra de que o tanatorio fora construído con diñeiro público e tamén en desacordo co lugar no que se vai construir chegando a dudar da titularidade dos terreos en polémicos e costosos plenos, o primeiro tanatorio municipal de Camariñas leva o camiño de ser unha realidade. A empresa constructora a que foi adxudicada a obra é Lires Cons S. L, ubicada en Dumbría. Ao concurso da obra presentáronse 22 constructoras da nosa comarca e incluso de fora de Galicia. A súa licitación partía de 500.000 euros e a empresa gañadora presupuestouna por 380.000, diñeiro do que xa dispón o Concello de Camariñas mediante unha axuda de 390.000 euros (xa desde épocas de Fernández Moreda) provintes da Deputación da Coruña. O edificio contará con máis de 800 metros cadrados distribuídos en dúas plantas. Na planta baixa haberá dúas salas de velación, cámara de frío e tanatopraxia entre outros servizos. Lires Cons terá que ateñerse ao deseño do arquitecto Jorge Roura e segundo palabras do alcalde M.Valeriano Alonso "Pichurri" en un mes poderían comenzar os traballos. Parece ser que quedan atrás as divisións que causou o dichoso tanatorio o cal se plantexou nun pasado construilo nos terreos das malvinas ou na carretera do faro. Finalmente o Muíño do Vento albergará o tan necesitado tanatorio.

5 comentarios:

  1. elsilenciodeloscorderos6 de octubre de 2012, 20:16

    ke o fajan onde queiran pero ke me dea tempo a min de usalo,esa e unha promesa mais que cumple o noso alcalde a pesar das travas inda ke pa min era millor sitio na carretera do faro,mikel sije asi de claro e directo,chao

    ResponderEliminar
  2. Unha gran nova tan requerida polos veciños,que sen dubida podra satisfacer a necesidade de velar os nosos seres queridos sen ter que trasladar os corpos fora do noso municipio,e tamen algo moi importante que non se debe escapar e que me agrada que dito servizo e un ben comun por igual de todos veciños,xa que dito tanatorio e publico e municipal!!!by Kiños

    ResponderEliminar
  3. pa os k o keren na carretera do faro,aber se o estrenan rapido,animoaber se o estreades rapido.

    ResponderEliminar
  4. mellor que o estrenes ti primeiro cabron, que a morte non se lle pide a nadie

    ResponderEliminar
  5. Valiosa toda la informacion de tu pagina web.
    Te agradezco por divulgar algo asi en internet.
    Check out my homepage :: bsch empresas

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo