Páginas

martes, 23 de octubre de 2012

Este vindeiro sábado arranca a Liga de Fútbol Cadete con un Porteño reforzado e ilusionado



 Como o prometido é deuda e ante a lexión de seguidores que siguen Camariñas Directo desde a vila porteña, este ano faremos un exhaustivo seguimento á Liga de Fútbol Cadete (1ª autonómica G3) que dará comenzo este próximo sábado día 27. Un Porteño F.C que baixo a batuta do empresario Ordóñez e o mariscador Castro se leva moldeando durante estes anos verá reforzado e compensado o seu plantel con importantes incorporacións que inxectaron ilusión a un equipo formado a base dun sano traballo, compañerismo e por qué non dicilo, calidade. Si o estado do terreo de xogo da Grixa llo permite, o único equipo en categoría cadete do Concello de Camariñas xogará o seu primeiro partido desta tempada 2012-2013 a partires das 16:15 h. recibindo ao Coristanco como rival e si o estado do mesmo campo non se presta xogarase no Hermanas Patiño (horario por confirmar). Máis tardía que as demáis ligas, ilusionados esperan o día, este amplo plantel formado por case vinte pupilos anque só poderán ir convocados 16 en cada encontro, o único quebradeiro de cabeza do adestrador Ordóñez que lamentablemente terá que facer descartes e terán que sudar a camiseta para facerse un oco. Como ven sendo común nos nosos veciños de "quepasanacosta" destripando deportivamente todo canto se coce en todas as categorías deportivas e máis intensamente con ampla escolma de fotos incluída en "piratasdemuxía", desde Camariñas Directo tampouco se perderá detalle do Porteño onde xogador por xogador irá aparecendo en cada unha das crónicas semanais enlazadas nunha pestaña que estará disposta en "Etiquetas-Seccións". Na imaxe, por arriba e de esquerda a dereita; Ordóñez, Miguel, Damián, Mario, Bruno, Alex, Gonzalo, Antonio, David, Michael e Álvaro...abaixo; Castro, Adrián, Manuel, Jose Manuel Sar (Josiño), Brais, Jose Manuel Castro, Pablo e Rubén (ausentes nesta foto, Martín e  Iván). Moita sorte chabales !!




Dereita a esquerda;Castro e Ordóñez
Importantísimo o traballo que de forma altruista teñen que desenrolar as personas que dunha maneira ou doutra se involucran ca difícil papeleta de saber educar, enseñar e principalmente motivar aos rapaces para que practiquen o deporte que lles gusta e non o abandonen sobre todo nestas idades. Pais, tíos, avós e incluso nais que no caso do Porteño aportan o seu pequeno gran de area para facilitar o traballo especialmente de Ordóñez, Castro e Carlos e así poder levar a cabo a complicada tarefa de organizar a case vinte chabales e amosarlle o mundo do fútbol da maneira máis amena posible centrándose como meta principal en "participar", despois si os resultados e a sorte acompañan, evidentemente a moral será un factor importante na parte táctica e física que entre semanas se estudia e se pon en práctica a base de productivos adestramentos que a sua saúde llo vai agradecer eternamente. Todos eles, non agora pero quizáis sí dentro duns anos, lembrarán todas estas etapas nos diferentes equipos polos que vaian pasando e valorarán o tempo que dunha maneira ou doutra, personas do noso concello restaron moitas horas nas súas vidas para empregalo con eles, sin pedir nada a cambio, transmitíndolles a súa experiencia. O máis importante é que non haxa lesións, disfrutando das victorias e, nas derrotas, aprendendo a sacar conclusións.

4 comentarios:

  1. a min puxesteme mal o apelido son jose manuel sar (josiño) en vez de jose manuel lema

    ResponderEliminar
  2. Encantame, polo menos este ano temos un bo equipo e unha paxina donde nos poden conocer mellor, e donde poden saber donde xogamos.

    Gracias.

    Saludos, David Vergari Gómez

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo