Páginas

martes, 27 de noviembre de 2012

As capturas de pulpo baixan estrepitosamente en Camariñas e no resto de Galicia

Pulpo de Camariñas - Foto: Camariñas Directo

Quen ía a dicilo que o mellor cefalópodo do mundo (pese a quen lle pese), agora chamado en galego oficial "polvo" ía desaparecer progresivamente das nosas costas ata os extremos actuais. Fai máis dunha década, este preciado producto capturábase cos mesmos mariñeiros, cos mesmos barcos e cas mesmas prácticas (salvo casos puntuais) e por varias razóns que "claman" imperar unha política pesqueira e un plan adpatado á realidade, o pulpo está baixando en número de capturas alarmantemente. Non só sucede en Camariñas a pesares que ultimamente caladoiros de Coruña estean sendo a fonte de supervivencia de gran parte da nosa flota senón que ese descenso é a nivel de toda Galicia. No ano 2010 foron descargadas case 3500 toneladas, no 2011 unhas 2800 e no presente exercicio non se chega ás 1950 toneladas. Si a iso lle engadimos os prezos en escala descendente desde o verán pasado (por culpa de productos foráneos), a que era a principal fonte de riqueza mariñeira camariñana (falando a nivel local) está convertíndose na menos viable e si falla o pulpo, o futuro será incerto para moitas familias máis cedo que tarde. Aquí e con este artigo non se pretende culpar aos mariñeiros (que tamén temos parte de culpa), nin as administracións (que aplican escasas e desprotexidas vedas) nin tampouco ao efecto do cambio climático (que tamén ten parte de culpa). Tan só se pretende con isto concienciar e "REUNIR" a todas partes e buscar solucións a un problema que aínda que poñamos unha venda nos ollos está aí. Segundo palabras do presidente da Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia, J.Luis Rodríguez ao diario La Opinión Coruña, vivimos con datos preocupantes e cuestiona entre outras cousas, a escasa veda dun mes en anos anteriores (este ano foron dous) e considera que as medidas de control de extracción son "insuficientes" si realmente queremos recuperar un dos recursos máis importantes no desenrolo destes pobos. E non é que "queiramos" é que entre todos "debemos" recuperar o mellor pulpo do mundo. Non se pretende pedir vedas máis extensas e "remuneradas", como pasa cos barcos de arrastre pero o sector que se adica a capturar pulpo con nasas necesita un plan de estudio "real" e aplicalo (caiga quien caiga) porque de seguir así, o único que vamos ver de Galicia nas cocidas de pulpo serán as bolsas acumuladas na basura co nome da ubicación da pulpería que o envasou.

7 comentarios:

  1. Hola compañeiro,eu creo que a culpa mais grande e nosa,non respetamos tamaño,non respetamos que o que bai a un oficio non pode querer tres e sobre todo a cantidade de nasas.Despois queixamonos da xunta,tiña que estar enriba do muelle e ver para que estan despachados e o tamaño das capturas.Esto e unha verdade a gritos.Non creedes?

    ResponderEliminar
  2. Se isto segue así, ímos ter que importalo de Libano, que, no no comen porque , según as súas creencias, pensan que é o mais parecido a carne humana. As súas augas mornas e tranquilas están ateigadas de pulpo que ninguén come.
    O mellor, aclimatando ese cefalópodo ás augas atlánticas, igual é un bo negocio.
    De tódolos xeitos, eu digo que no no comen porque non sabe como ó noso, que, si non, non quedaba ún polos seus mares.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar
  3. Unha cronica moi veraz e elocuente,onde invita a reflexionar do Por que? dista lamentable situacion.Oxala afloren medidas eficaces pra enderezar esta desviacion das capturas do cefalopodo,pero sembrame que os mariñeiros deben ter presente que por parte diles tamen e necesario e primordial a sua participacion, e por tanto concenciarse da grave situacion que con ilo e inaludible acatar estrictamente as vedas como tamen respetar as tallas,peso minimas.Saudos,e unha vez mais noraboa polo artigo

    Kiños

    ResponderEliminar
  4. Eu creo que tiña que estar a xunta dia e nuite e que conste que ti mikel seas dos que menos aparello traballas,seino seguro pero unha embarcacion concienciada non basta,e un pueblo de lobos,sorprendeme que no resto de galicia tamen pase o mismo

    ResponderEliminar
  5. Hoxe en dia non nos damos cuenta,pero aqueles que queren traer o mar pa terra como decian os vellos,non lles importan porque cando se acabe iran po seu rio, e que nadie yo toque.Pero eles si que poden despachar po rio e o mesmo tempo ir para o pulpo.Que vos parece compañeiros?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu dinme conta desde o primeiro día que os lectores son sabios e iso demóstrase nos comentarios....Chapó

      Eliminar
    2. Hola compañeiro de camariñas directo ti sabes que teño toda a razon pero no noso povo se dila verdade eres malo.Non reconocemos as verdades coma puños,xa sabemos que nos señalarian pola calle pero gracias o teu gran blog podemos decila verdade ante todo o mundo gracias compi..........

      Eliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo