Páginas

sábado, 31 de agosto de 2013

Antonio Puertas deléitanos cun poema homenaxe adicado ás "gamelas"

Camariñas Directo

Xa fai tempo que en Camariñas Directo se quería falar algo das gamelas, chalanas ou "jamelas"  como se chaman popularmente en Camariñas. Este tipo de embarcacións que pasaron de remos a motor encherían libros na historia do desenrolo mariñeiro onde varios carpinteiros como por exemplo o señor "Manolo" do catalán serían protagonistas indiscutibles. Centos de rudos homes de mar confiaron no seu labor á hora de adquirir ou reparar as chalanas que precisaban para  faenar no medio dos temporais que sempre caracterizaron esta costa. Agora mesmo en perigo de extinción ao ser sustituída a madeira por moldes onde a base de fibra de poliéster saen as planeadoras, tiñan as súas desventaxes pero tamén as súas ventaxes (principalmente coñecidas por quen navegou en ambas). Hoxe, nada mellor que facerlle unha pequena homenaxe cun home que deleita cando escribe, cargado de talento e poeta surxido do son do mar neste recuncho da Costa da Morte. Arte que mestura ca experiencia, sencillez e lealtade con quen temos o privilexio de atoparnos con el. Son varias as xoias que a súa pluma leva escritas por diferentes lugares e hoxe facemos aquí unha parada obrigatoria poñendo o broche a un poema homenaxe cargado de sentimentos a esta embarcación tan típica de Galicia, a "gamela" que o noso amigo "Antonio Puertas" deixou en forma de comentario na última noticia publicada acerca dos desgüaces. Gracias por estar aí poeta e deleitarnos cos seus escritos.



                                                                 

3 comentarios:

  1. elsilenciodeloscorderos16 de noviembre de 2012, 21:34

    Precioso poema

    ResponderEliminar
  2. Fermosa prosa adicada a tan caracteristico simbolo da nosa vila mariñeira,e que a moitos nos evocan gratos momentos!

    ResponderEliminar
  3. Sinceramente, non me esperaba esta grata sorpresa, amigo Mickel.
    Cando me poño a compoñer poemas sobre a miña terra, Camariñas, ante todo, baldeo a miña alma, desprezando un pouco os prototipos establecidos polas normal, pa entregarme de cheo aos sentimentos que afloran cos meus recordos.
    Cando era un neno, estaba sempre metido no mar.
    A miña nai, querendo, coas mellores das intencións, apartarme un pouco do perigo que supoñía pa un ousado coma eu, de tan curta idade, o noso mar; e, despois daquel susto que tiña levado , cando estivera a punto de afogar no Curbeiro, me prohibío achegarme eu só ata a súa beira.. E, me preguntaba: “ fuches ó mar “: non, respondía, eu. Malia a todo, sempre descubría a miña falsidade, ó pasar a punta da lingua pola miña pel... que sempre levaba o gusto da sal.
    A gamela que sempre baila nos meus recordos, era unha moi chusca, auxiliar do bote dos Pardiñas,
    Toño Ballester, Paco de Roque, Alejandriño, Tista, e tantos e tantos outros rapaces do meu tempo, temos ido infinidade de veces nese noso tesouro, pa enchelo de pulpos ( hoxe, polbos- mais a min me segue a soar mal ), queimonas, peixe preto, panchos, etcétera, etcétera...
    A miña infancia xira en torno ao meu curruncho, e a carón dos meus amigos. Por iso, os piropos pas nosas gamelas, van aflorando sempre polo mar.

    Grazas, pois, a ti e a elsilenciodeloscorderos, e a cantos me estades a animar na miña tolemia.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo