Páginas

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Faleceu D. Jose Luis Campaña Carril "O Cotiño"

Foto: Cortesía de Diego Alonso "Camarinas.eu"


Hoxe é un dos días máis tristes para Camariñas Directo desde a súa creación. Eu, Mikel, en nome da miña familia ao completo queremos transmitirlle ánimos e forza a toda a familia (a miña) de Luis Campaña Carril máis coñecido por todos os campos de fútbol da Costa da Morte como "O Cotiño" cando na década dos 80 formara parte do plantel máis competitivo da historia do fútbol de Camariñas sen ningunha dúbida. Extremo dos que non quedan dentro dos terreos de xogo e cunha calidade poucas veces igualable que fixeron que se convertira en todo un mito. Xogador dos que se deixaban a pel no campo (así era o Camariñas F.C) ca única estimulación de levar o nome de Camariñas "moi alto", sentimento de cores que hoxe en día funcionan a base de talonario. Carismático como o que máis dentro do seno de toda a familia e fóra. A vida xogáballe a mala pasada do destino esta tarde noite no Hospital de Cee despois dunha dura batalla contra unha enfermidade que acabou vencendo a unha das persoas máis queridas do Concello de Camariñas. Rexentou un kiosko e sempre estaba acompañado do seu querido primo Juan do Nacho (irmán deste redactor e falecido tamén tráxicamente moi xóven) que era quen lle facía o relevo cando se tiña que ausentar, aparte da súa familia. Vendeu cupón da Once por toda a bisbarra (con premios incluidos) e desgraciadamente unha dura enfermidade arrebatou tamén á súa queridísima esposa "Belen" fai anos e trucaríase o seu destino. Co seu adeus, deixan orfo ao seu único fillo "Bieito" ao cal lle mandamos todo o noso ánimo e apoio incondicional nestes momentos tan duros da vida. Con 47 anos, Luis deixounos para sempre pero unha persoa nunca morre mentres sexa redordado e como ten un sitio gardado dentro dos nosos corazóns "eternamente" Luis non che dicimos adeus, dicímosche "Ata Sempre".D.E.P primo.

4 comentarios:

  1. DESCANSA EN PAZ, LUIS.
    E, o meu pésame, á túa familia.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar
  2. “MEU PRIMO POR PARTIDA DOBLE” - “O COTIÑO”
    Quixo Deus que naceras cunha deficiencia física, de ahí que che puxesen o nome de “Cotiño”, (un brazo non chegaría a desarrollarse o cen por cen) o cal non che impedería ser un xogador de fútbol de unha calidade impresionante (aínda recordo cando xogábamos os dous no Camariñas B, muy pronto ti xogarías no Camariñas A).

    Con moi poucos aniños de vida perdías a teu pai (Jojo) e quedarías cos teus dous irmáns (Juan Carlos e Victor Manuel) o cargo da túa nai (Sofía) e estamos a falar a principios dos ano 70, unha nai con vinte e pico de anos e tres fillos que manter.

    Primo por duas bandas, cos mesmos apellidos cos meus “Campaña Carril”, os nosos pais eran dous irmáns casados con duas irmás. (Lin e Jojo) falecidos), con duas irmás (Pilar e Sofía), amigos de aventuras e de salidas nos nosos millores tempos e con Tomás do Pachanco, os tres compañeiros infatigables … Imos bos de pasalo ben…. Chegamos a coincidir primeiro na Coruña (Hogar de Santa Margarita) e logo no Instituto de de formación Profesional Fernando Blanco de Cee, ese pobo donde quixestes deixar de respirar.

    Co paso do tempo a vida foinos distanciando, emprendendo cada un a sua vida e camiños distintos, sempre que nos víamos, que era moi a menudo, recordábamos os vellos tempos… Coñecerías a tua muller “Belén” da cal terías un fillo “Bieito”, por desgracia, en pouco tempo, un cancro apartaríacha para sempre do teu lado, e foi nese preciso momento cando decidiches tira-la toalla e vagar sin un rumbo moi claro e a cousa non era para menos.

    A verdade que a vida non fui nada xusta contigo, cando intentabas levantar cabeza caíache un batacazo por outro lado. Si de verdade hai Deus, seguro que che vai a chamar o seu carón, o que non sei e si ti quererás ir, porque non tes nada que pagarlle porque nada che deu, se non todo o contrario o que ibas conseguindo, que tanto che custaba conseguilo, íacho quitando.

    Pero a vida e así de dura, e Deus dalle o pan a quen non sabe comelo, porque estou seguro que si tiveses a mitade de oportunidades que tivemos outros, outro galo cantaría.

    Hoxe quero darlle o meu mais sentido pésame a toda súa familia, pero sobre todo a unha persoa moi importante para él, o seu fillo “Bieito” que despois de perder a sua nai “Belén” acaba de perder a seu pai “Luis - O cotiño”..

    Moitos ánimos e moita forza Bieito, hai que luchar que é o que toca nesta vida e fai que teus pais, dende o ceo, se sintan orgullosos de ti. O único que podemos sacar de todo ísto e que eles volverán a estar xuntos e que jamás se separarán.

    Hasta sempre “primacho” como ti me decías… Xa nos veremos … e saudos a toda nosa falimia que anda por eses mares

    --- Estu ---

    ResponderEliminar
  3. Unha gran perda pra todos que o apreciaban e que somos moitos.Unha persoa moi sociable e cordial,agarimoso con toda persoa e apaixonado do futbol,onde un servidor tivo o pracer de ser aleccionado por un mestre do futbol.O meu mais sincero pesame a familia!

    Kiños

    ResponderEliminar
  4. As veces a palabra Estudiante poderia reflexar unha persoa que estudiou e ahi quedaria pero no caso de Juan Esteban aparte dese reflexo conleva unha serie de cualidades que moi poucos saben transmitir e moito menos facerche reflexionar cando a sua pluma derrocha sentimentos a flor de pel. Un Don que todos oimos falar alvunha vez pero que poucos o teñen. Noraboa e gracias por escribir primo.....Mikel

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo