Páginas

lunes, 31 de diciembre de 2012

Carta aos Reis Magos


Estimados lectores de Camariñas Directo:
Ante todo agradecer a fidelidade mostrada hacia este buque virtual durante todo este tempo. Debido as miñas obrigacións, a ausencia momentánea víuse igualmente recompensada por todos vós durante este 2012 e iso é de agradecer "sempre". Un ano que exceptuando casos puntuais, mellor que quede no olvido para casi todos os españois. Agora que faltan horas para que remate, desde esta redacción mandamos a cada un dos lectores e lectoras unha frase en forma de caixa, decorada cun sorriso e cargada de desexos... de saúde, paz, amor, e traballo. Que veña un novo ano mellor. Feliz e Próspero 2013 para tod@s:

Carta aos Reis Magos
Queridos Reis Magos:
Como saben vostedes os seres humanos non nos portamos moi ben todo este tempo, calquer tempo foi mellor desde que existe democracia. A codicia, a mentira e o diñeiro foron os principais causantes de tal situación pero como cidadán libre de cargo algún en ningún dos millóns de folios que cando se acerquen a nosa península van ver nas dependencias dos xulgados de todas as comunidades autónomas, atrévome a escribirlle estas letras e pedirlle uns desexos que oxalá se cumplan na medida do posible e así evitar que sigamos pagando xustos por pecadores;
 Non se asusten si ven xente de garabata comprando en exceso e a 15 metros, miles, millóns de cidadáns sin un prato para comer, ou sequera un teito para recollerse...os traballos escasean. Tampouco se estranen si saltan dun moderno Ave a unha carretera comarcal sin opción de adiantamento en case todo o traxecto. É mellor que veñan con tempo porque centos de sinais de prohibido ir a máis de 50 poderían convertir o viaxe  en "carísimo". 
Tampouco se estranen si ven a pescadores amarrados a porto ou tirando o peixe ao mar. Mellor que miren ao interior pero eviten facelo de cara aos labregos...litros de leite poderían ser emborcados nas leiras polo seu baixo custe.
Podería seguir resumíndolle a nosa situación pero como ten que ser un día feliz e de prosperidade xa remato pero non sin antes pedirlle que empreguen a súa maxia. Aquí fan falta magos ou senón ninguén consigue enderezar este mundo corrupto. Vostedes, que aparte de Reis son Magos son os que poden cambiar o rumbo deste país. Non sintan mágoa se ven que perdemos soberanía...agora está por enriba de todo ser  europeistas nun falso eslogan de igualdade. Queridos Reis Magos, dámoslle as gracias por atender tan sequera estes catro desexos:
1-Que o que roube diñeiro público "pague"(non nós), sexa de quen sexa fillo, xenro ou amigo.
2-Que os mariñeiros e labregos sexan escoitados e poidan ter custes de producción acordes aos tempos actuais.
3-Que a Autovía se siga construindo para poder vertebrar a unha das bisbarras máis atrasadas de Europa.
4-Que o traballo chegue a todos os fogares.




7 comentarios:

  1. AMEN, a todos eses desexos que lle estás a demandar aos Reis Magos.
    Fai falta a súa variña máxica posta ben a punto, pa que poidan arranxar tanta desfeita por aqui e por ala.
    Polo menos,o desexo de felicidade que hoxe formulamos uns e outros, que ninguén no lo quite.
    FELIZ ANINOBO, pois, AMIGOS, para TODOS VOS.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar
  2. Felis ano tamen a ti maikel e que teñas os lectores que mereces e nos terche a ti moito tempo,bikiños

    ResponderEliminar
  3. Ogallá os Magos de Oriente escoiten os teus desexos.Pero ¡que queres que che diga!son bastante pesimista a o repecto. Os Reis Magos xa non son os que eran, a o longo do tempo foron perdendo poderes, porque todos estes politiquillos de tres o cuarto, de eiquí de ala e de acullá e de todolos tempos, envexosos do poder que tiñan de ilusionar a humanidade, conxura-
    ronse para que a MAXIA E A ILUSION,que repartian, foran desaparecendo; empregando formas sutiles para que no nos désemos conta do que estaba a suceder. E asi apareceron papa noeles, santas claus arbres de nadal e a medida que esto se iba impoñendo, os paderes dos noso Reises iba menguando.
    Pero eisi e todo sexamos optimistas e confiemos que viran tempos mellores
    .BO ANO PARA TODOS. CAPEADE O TEMPORAL COMO PODADES. E QUE DEUS REPARTA SORTE
    xoan ferreira

    ResponderEliminar
  4. Moi boa cronica e mellor solicitude,Mikel.Pero coido que os reis non atenderan a tua peticion,pois si o fixeran deixarian de ser magos,ca perda dos seus privilexios e intereses.Feliz Aninovo e un saudo pra todos quen sin ser magos,fan o posible pra subsistir sen desprenderse dun sorriso e esperanza de ventos mais propicios.


    De Kiños

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias a tod@s polos recíprocos desexos....Benvido Kiños.....Mikel

      Eliminar
  5. le pederia que la plaga de la emigracion se acabara

    ResponderEliminar
  6. Que bonitos desexos Mikel...!!!Espero que os reis magos fosen moi xenerosos contigo e oxalá este 2013 veña cargado de cousas boas.
    E un placer ler o que escribes artista,bikiños.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo