Páginas

martes, 4 de diciembre de 2012

Hai entradas que poñerlle un título desgarrarían a alma

Foto: Integro - Quepasanacosta

De que o ritmo de vida que se levaba nas administracións non era o adecuado quedounos claro e caro nos está saíndo. De que os recortes, últimamente chamados "austeridade" eran necesarios tampouco nos cabe ningunha dúbida pero son enormes as lagunas que un non pode chegar a comprender. Aquí neste país, si eres duque e desvías "supostamente" 9 millóns de euros aínda podes capear o temporal e seguir vivindo do morro. Si eres toxicómano e roubas en 9 coches, como publicaron hoxe diferentes medios, acarreas 3 anos de prisión. Si a banca vai mal, evidentemente é mellor rescatala antes de que se descubra que os aforradores cidadáns non teñen os cartos das preferentes na súa conta bancaria. Ese diñeiro chamado tóxico, foi a parar sabe Dios onde. Uns cuantos estudiados tiveron a gran idea de invertir eles mesmos o diñeiro en plena burbulla na construcción e obter os beneficios que sumaban as inmobiliarias. O único que faltaban nas entidades bancarias eran os obreiros, normal, poden manchar de cemento os bolígrafos. Si ese Bankia, perdón, banco, pide axuda ou senón presenta quiebra, esa axuda será apoiada para non fastidiar aos pobres españois que depositaron a súa confianza neles. Pero....algún dese diñeiro non estará en algún paraíso fiscal? ninguén pensa dar explicacións da desfeita máis grave desde a existencia da democracia? teremos que pagarlle tamén as indemnizacións millonarias polo exemplar traballo que realizaron? onte mesmo, un director, presidente e sabe Dios que máis dunha coñecidísima axencia de viaxes (políticos aparte) a xustiza cazouno presentando quiebra e levantando outras empresas ca mesma facilidade que ten unha galiña de poñer un ovo, bueno, con menos esforzo aínda e menos mal que parte da xustiza "traballa" e atopáronlle 1 kg de ouro e uns cuantos centos de miles de euros na súa casa e outros tantos en outros domicilios. Estaba declarado "insolvente". Qué fácil é a vida para os espabilados neste país e que complicada é para a clase baixa. Desgarrador calquer recorte que se produzca nos máis desfavorecidos. Moral e humanamente só é capaz de aceptalo alguén que teña moitas tripas. Camiñar rumbo á senda do equilibrio non é só o diñeiro. De qué nos sirve ter uns cuantos millóns no banco si na casa non temos pan, luz nin auga. Paréntesis aparte...non avanzar en nada e sobre todo "retroceder" no que tanto e tanto custou conseguir vai deixando pisadas moi negras para a xuventude e non tan xóvenes e si eres discapacitado, evidentemente é máis complicado e na Costa da Morte, si, a que sempre cala, tamén está trastocada cos seus habitantes máis desfavorecidos que deixaron o seu manifesto nesta nota de prensa publicada en Quepasanacosta:

Manifesto da Asociación Íntegro polo Día internacional das persoas con discapacidade

Neste día internacional das persoas con discapacidade queremos manifestarlles a nosa preocupación e a das nosas familias.
Consideramos que as persoas con diversidade funcional (discapacidade) e as súas familias estamos nunha situación cada vez máis difícil.
A crise económica e as decisións políticas fan que periguen os nosos dereitos. Ademais cada vez temos menos axudas e apoios.
Ante esta situación dirixímonos aos políticos para que dean máis importancia á inclusión social das persoas con diversidade funcional e que sexa tema clave para eles. Desta forma terán máis conciencia e evitarán a perda de dereitos e os retrocesos que se están a producir agora.

Queremos facer constar que os nosos dereitos humanos nunca foron respectados e que o levamos denunciando dende hai anos.
Entendemos que a crise non a poden pagar os sectores máis fráxiles da sociedade, en lugar de facelo os seus verdadeiros responsables. Sorpréndenos que o diñeiro público servise para manter a algúns sectores da banca, e as súas “obras sociais”, en lugar de servir para manter directamente os nosos dereitos.
Entendemos que esta crise é unha oportunidade de cambio profundo á hora de afrontar as políticas sociais da diversidade funcional, investindo en educación inclusiva e en vida independente de todas as persoas; investindo en dereitos humanos.
Esiximos que o diñeiro que se destine ás persoas con diversidade funcional a través das políticas públicas sociais, vaia para facer cumprir a Convención da ONU sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional e que implica investir directamente nas persoas, para educación inclusiva, asistencia persoal, accesibilidade, fomento da igualdade de oportunidades e a non discriminación.
Polo anteriormente dito, propoñemos:
- Adaptar lei por lei da nosa normativa á Convención sobre os Dereitos das Persoas con diversidade funcional, con mecanismos sancionadores e prazos cribles. Non serve escudarse tras a crise para eternizar tempos.
- Unha asistencia persoal digna e eficaz que sirva para nivelar o terreo de xogo que pisamos.

- Unha educación inclusiva de calidade conforme ao devandito tratado internacional, sen deixar lugar aos centros de educación especial, que segregan as persoas dende o inicio da súa vida.
Para iso é preciso eliminar barreiras de todo tipo: urbanísticas, arquitectónicas, de comunicación, de transporte, vivenda…
Todo isto redundará tanto no cumprimento dos nosos compromisos, coma na realización dos nosos negados dereitos humanos. Ao mesmo tempo, estas dúas medidas contribuirán a crear maior e mellor emprego, e a reducir a nosa débeda.
DEREITOS HUMANOS XAAA!!!
  • Manifesto da Asociación Íntegro polo Día Internacional das persoas con discapacidade.
Texto e fonte: Quepasanacosta

2 comentarios:

  1. Hola compi non nos damos cuenta da sorte que temos de ter saude.Somos tan malos que o unico que facemos e perder o tempo en facernos daño entre nos,e o que enrealidade importa non lle facemos caso ou cerramos os ollos non crees?Gracias por mostrarnos o verdadeiramente importante da vida,que é axudarlle a quen deverdade o necesita.

    ResponderEliminar
  2. Hai dereitos que están por riba das leis que ditan os lexisladores e os políticos: o dereito a vida de todo ser humano; o dereito da infancia, e o dereito do desvalido.
    Naturalmente que hai moitos outros, malia todo, penso eu ,que estes que citei, están por riba de toda lei, e por riba deses outros moitos dereitos que poida haber.
    Ningún pobo está lexitimado a asoballar, nin a desprezar a Lei Natural, que levabos impresa na nosa conciencia.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo