Páginas

domingo, 23 de diciembre de 2012

O barco de Muxía "As de Guía" cambiou de rumbo e xa ten novos armadores de Camariñas

Camariñas Directo

Unha das xoias flotantes en categoría de barco mediano que navegaban sin rumbo verdadeiro nos últimos meses acaba de recalar, como non podía ser doutra maneira, no porto de Camariñas. Abandona o porto de Muxía pero tan só tivo que cruzar a ría. Os carismáticos veciños da Vila dos Encaixes, Marcos e Benigno seguen apostando en sociedade por sair desta crise a base de traballo e cunha honestidade, respeto e fidelidade digna de emular. Os Benis, como son popularmente coñecidos estes xóvenes lobos de mar tratarán de poñer a punto nos próximos días este buque pesqueiro de 15 anos de antigüedade e construído en fibra de poliéster. Os seus 13 metros de eslora están repartidos para exercer a pesca de Artes Menores na Costa Noroeste engrosando máis o censo da flota pesqueira no noso porto. Un barco moi tentado por varios armadores de diferentes portos e que afortunadamente para o "As de Guía"  foi caer en mans de intachables profesionais. Que sopren sempre bos ventos compañeiros.

1 comentario:

  1. Hola muchach@s si segimos así vamos selo porto mais famoso dos barcos de poliester

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo