Páginas

domingo, 23 de diciembre de 2012

Outro ano máis sin inspíritu navideño nas rúas por culpa da prima de Risco?



Onde vai o que éramos...aquelas estanterías das farmacias cargadas dos mellores medicamentos do mercado (moitas veces abusando e tirándoas nas bolsas de basura) e agora caixas sen nome para aforrar en tinta e con medias pastillas por si sobra un cuarto delas... aquelas luces que cando chegaban estas datas sinalaban e inspiraban (sobre todo aos máis pequenos) o Nadal e mil pasos máis que seguimos dando hacia atrás, "siando" como diríamos os mariñeiros. Aqueles tempos de decorar as principais rúas das diferentes parroquias (un pastón) son nestes momentos impensables...si por aforro é, razón non lle falta pero por contaminar o Planeta como din os defensores de xuizos perdidos (contra grandes contaminadores) que non sexa, o que sobra é quen o faga. Tamén hai quen asegura que todo se está quebrantando por culpa da prima de Risco, pero non a confundamos ca do famoso membro do xurado de "Tú sí que vales", Risto, senón desa que tanto fai dudar aos inversores e ás cabezas dominantes que poderían poñer a furrular todo canto está parado. O problema menor nestes intres quizás sexa este pero un simple cordón alumbrando nun só pino en cada lugar clave das nosas parroquias tampouco foi posible este ano. Onde van aqueles obsequios que os pequenos comercios locais entregaban en forma de detalle aos seus clientes por Navidad... lástima dun pequeno detalle en forma de LED das principais e poderosas compañías eléctricas (eólicas incluídas) pero aínda nos quedan as pinceladas dos comercios locais como o Puerto Arnela e Ave del Mar (entre outros) iluminando a nosa fachada, asociacións e particulares na Ponte do Porto porque da prima deses fulanos, mellor nin oir falar.                                                            
                                                    Bo Nadal a tod@s os lectores !!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo