Páginas

sábado, 15 de diciembre de 2012

O radio de acción de Nicky seguirá complicando a campaña de Navidades da flota pesqueira

Camariñas Directo

Non nos engañábamos moito cando fai días Nicky enseñaba as xuntísimas isobaras (con ondas de de máis de15 metros de altura no seu núcleo máis activo) e con ondas previstas de preto de 9 metros na Costa da Morte. Afortunadamente a predicción quedou nos 7 metros de altura que durante este sábado golpean e o domingo seguirán golpeando a nosa costa. Con rachas de máis de 120Km/h rexistradas na estación meteorolóxica que Meteogalicia ten ubicada en Vimianzo e con máis de 100 litros de auga por metro cadrado caídos en Sta Comba, o seu radio de acción aínda non nos vai deixar de todo e segundo o vaia facendo, outras baixas presións seguirán a súa estela. Deixou na nosa bisbarra unha víctima de 60 anos nunha cuneta en Mazaricos, lanchas que foron arrastradas (cos amarres incluídos) en Corcubión, un carril desbordado no punto kilométrico 18 entre Pereira e Berdoias e dous feridos con importantes lesións en Vimianzo cando na tarde que entraba Nicky estaban podando pinos nunha cuneta na Piroga...o seu guindastre víñase abaixo e os operarios tiñan que saltar para evitar ser aplastados pola mesma grúa (accidente que traerá cola). En Camariñas, afortunadamente sen incidencias importantes en todo o concello, a flota sigue amarrada e a vindeira semana pouco vai deixar faenar e complicará a campaña pesqueira e marisqueira a "flote". Os poucos productos pesqueiros que se consigan traer aos mercados non abastecerán a alta demanada destas épocas de Nadal. É lei de vida e aquí nunca falta quen joda (últimamente).  Si o luns o vento amaina, as ondas rondarán os 6 metros baixando ata 4 e nada deixarán facer... a mellora chega o martes pero verase alterada por rachas moderadas de ventos de sudoeste que de novo farán presenza  anque todo apunta que este día e o mércores poderase faenar cun incómodo vendabal e ondas de menos de 3 metros de altura. Si nada cambia (esperemos que sí) de novo o xoves o mar de fondo volverá aumentar acompañado cos ventos de travesía (Oeste) ata o venres. Mentalizados nas peores prediccións, probablemente deixe faenar un día e medio e sendo positivos, esperaremos por si o tempo nos da un respiro.

3 comentarios:

  1. Gracias por tu información miguel,aunque los marineros esteis bien informados y me alegra saber eso,otros como yo estamos interesados en saber como estaran las plazas y las centollas jiji

    ResponderEliminar
  2. Por algo o marisco é caro; cando se pode comer, non se pode coller. E, cando o tempo ó permite, xa non vale o mesmo. Pasado o día, pasou a romaría.
    Así de dura é a vida do mariñeiro, e iso que estamos en tempos nos que os aparellos son ultramodernos e nos arredan de moitos males.
    Fabuloso relato, cama sempre, amigo Mikel.

    Antonio Puertas

    ResponderEliminar
  3. epaaa ahi esta a nasa do aracnido primooooooo,jejejejejjejeje

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo