Páginas

sábado, 31 de agosto de 2013

75 anos dun fósil vivente con alma propia en Camariñas




Cando entramos en Camariñas o primeiro que se ve son as ventanas abertas e as camas sin facer. Esta frase levada a un popular tema musical queremos pensar que fai referencia a que en Camariñas se madruga para traballar e as ventanas ábrense de par en par para ventilar. Na actualidade o que destaca cando se entra na Capital do Encaixe non é precisamente iso senón uha lonxeva Araucaria prantada pola segunda xeración da inestimable familia Cerdeiras. Foi unha curiosidade a que merodeaba pola cabeza deste redactor xa fai anos e que se veu consumada estes días despois de contar coa colaboración do noso querido amigo, redactor da Voz de Galicia e membro da citada familia, J. Manuel Ferreiro. Este pino, como lle chamamos erróneamente aquí ao igual que en outros lugares do mundo, foi prantado pola segunda xeración dos Cerdeiras fai 75 anos. Segundo nos comentou Andrés (4ª xeración) os seus proxenitores prantárono diante da casa principal unha vez finalizada a súa construcción. A día de hoxe as aceiras que conducen á Area da Vila están notando os efectos negativos das súas raíces ao igual que o subsótano da morada próxima e incluso o tellado pode correr perigo cando é golpeado polas súas ramas cos fortes ventos. Adaptouse á nosa terra, ten alma propia, representa o "pilates" de Cerdeimar e vixía aos catro costados formando parte das mellores estampas navideñas cando é especialmente engalanado pola citada familia. 


Fai máis de 250 millóns de anos que estos árboles viven no noso planeta, concretamente desde a Era Mesozoica ou da tamén denominada Era dos Dinosaurios. Teñen un ciclo de vida de 1000 anos e as grandes prantacións de Araucarias foron lugar idóneo para sentirse protexidos os grandes reptís ata o Fin da Era a raíz do cataclismo producido polo impacto dun asteroide contra a terra fai case 70 millóns de anos. Sobreviviron e adaptáronse a todo tipo de adversidades incluso cando a terra quedou sen a luz solar (consecuencias do cataclismo) necesaria para a fotosíntese. Non se recomenda prantalos en zonas con -5º baixo cero e na costa adáptanse perfectamente. A prantación máis importante está na parte máis austral de América,  na Patagonia, anque os seus restos fósiles demostran que tamén viviron no Hemisferio Norte.  A devastadora man humana está facendo mella nestes árboles catalogados como Monumento Nacional e a pesares da prohibición de talalos antes dos 100 anos de vida son empregados para fabricar mástiles de barcos e outros apreciados mobles de carpintería. No sudoeste da Arxentina e Chile central usan a súa semilla como alimento e o seu nome deriva da rexión de Arauco. As súas semillas ou piñóns son grandes e ricas en aceites, carbohidratos e incluso extraen fariña para fabricar pan. Erróneamente, este xénero de coníferas ás veces son denominados "pinos". A pesares do seu lentísimo crecemento a súa longa vida chega a propiciarlle alturas de 30 a 80 metros pero o seu tamaño medio está nos 50 metros de altura. Crecen sin ramas na zona basal e colle forma de paraguas xigante. As súas robustas raíces chegan a levantar calquer obra próxima á súa prantación chegando incluso a poñer en serios riscos ás casas próximas (ao igual que as palmeiras). En moitas partes do mundo poden verse algúns exemplares de Araucarias, sobre todo en  grandes parques e plazas. Consiguen frear os ventos, fan sombra en lugares cálidos e non deixan favorecer os escurrementos de terras. Un solo arbusto deste tipo absorve o dióxido de carbono que desprenden 100 coches polos seus tubos de escape.

5 comentarios:

  1. Esta lonxeva araucaria, xa chamaba a atención ao pobo de Camariñas e aos visitantes, cando eu era un neno. Tratábase de un “ raro “ exemplar de “ piñeiro “ descoñecido pa todos nos. O seu crecemento, dende entón, foi considerable, a pesar da lentitude con que se moven estes “ monstros “ da natureza; o tempo non pasa en balde, sobre todo pa nos, que somos os que mais notamos eses cambios.
    Seguramente fora dona María, quen plantara esa preciosa árbore diante da súa casa. Eu nunca esquecerei a esa muller, pois, despois de quedar viúda, tódolos meses encomendaba ao cura facer unha misa en sufraxio do seu marido no panteón familiar do noso camposanto. Eu era o monaguillo, e, nunha ocasión, doume a maior propina que nunca eu recibira sendo rapaz, CINCUENTA PESETAS; todo unha fortuna...E, díxome, por aquel entón:- “ non llo digas a ninguén, pero, isto é pa ti... “
    Agora, despois de tanto tempo, xa prescribío a miña promesa, é podo dicilo claramente a todos vos, e darlle novamente as grazas.

    Antonio Puertas

    ResponderEliminar
  2. Carallo Puertas que calado o tiveches todo iste tempo. Eu non vin unha perrachica desa fortuna, e mira que trotábamos xuntos daquela ¡eh!.Tereino en conta; eu creia que compartias todo o que tiñas cos teua amigos pero xa vexo que non era así.En fín e boa verdade que donde menos o esperas salta a lebre.
    Unha aperta grande Toño
    Tista

    ResponderEliminar
  3. Maxetuosa arbore,onde como ben se narra niste artigo, e a falta de abelorios polo propio concello,
    ista arbore resalta todo o seu esplendor e corido en datas tan amigables como e o nadal.



    Kiños

    ResponderEliminar
  4. Amigo Tista, ti ben sabes o moito aprezo que che teño dende que eramos nenos, e o moito que temos xogado xuntos ó longo e ancho do noso pobo, malia a todo eso, as promesas están pa cumplilas. Deille a miña palabra a señora María, que non ía a descubrila. Dígoche de verdade que esta anécdota foi así tal cual á conto. Aínda me parece que á estou vendo sacar os cartos do peto,e, nunha esquina do panteón, despois dunha desas misas, abrirme a man pa deixarme o billete de 50 pesetas, emocionada pola recente morte do seu home. Saín correndo como se me houbese tocado a lotería.
    Unha gran aperta, amigo Tista.

    ResponderEliminar
  5. Ah¡ , perdón Tista. Non compartín contigo eses cartos, porque a miña nai deixounos nun peto, e era ela a encargada da chave. Pasado o tempo, os no puxo no banco; e, ahí morreron co soño dos xustos, ata que non valeron pa nada, nin pa nadie. Eu, como ía a traballar nese oficio, tiña que dar exémplo de aforro, malia, a que me arruinara coa medida con que se miden os aforradores.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo