

A odisea comezou cando o buque comezou a estoupar e a Televisión de Galicia emitía unhas imaxes espectaculares do que acontecía. Poderíase obviar a gravidade do asunto pero miles de persoas foron evacuadas como precaución e quen sabe as que respirarían as nubes tóxicas que traían os ventos reinantes podendo ocasionar enfermidades moi graves que de seguro o fixo. Os veciños lindantes e sobre todo o pobo fisterrán e en vista do que alertaban expertos na materia que non se atrevían a acercarse ao buque nos primeiros momentos, esperaban que non se producira unha gran explosión con danos incalculables .
Por aquel entón, Fernando González Laxe que levaba semanas escasas ao mando da presidencia da Xunta, ordenou durante uns meses non faenar a menos dunha milla do casco do barco que foi convertíndose en chatarra no mesmo lugar da varada e onde non fai moito se podían ver restos do pecio. Daquel barco varado na praia do Rostro só queda esta ancla no porto de Fisterra, varios locais co seu nome e os restos tóxicos minúsculos de ferro polos acantilados adiante, quizáis a día de hoxe non tan radiactivos.
![]() |
fotos: fuente cedre |
Nota: As fotos foron sacadas de fonte Cedre, Propia e outros autores que non se puderon identificar con efectividade ao estar expostas en varios sitios de internet. Si alguén considerase que debe reflexar o seu nome non dubide en poñerse en contacto co administrador deste blog.
eu teño muitos recuerdos dese dia.uns non mui bos,pero outros si.
ResponderEliminaro mellor de todo e que ao final non pasou nada.
mikel,jrasias por poñer estas notias ,ainda que teñan tiempo ao menos a min justame recordalas.
un saludo.
Alejria de que todo quedara nun susto,pero que triste ver a xente marchar dos seus pueblos andando en coche,como podía..
ResponderEliminarBufffff eu era moi pequeniña cando esto pasou, interesante..... Lusesita
ResponderEliminarMoi bo e interesante reportaxe!!
ResponderEliminar