Páginas

lunes, 28 de febrero de 2011

O día que o perigo se aliaba coa falta de información e provocaban un " CASÓN "


 


Quizáis os máis entrados en anos lembren mellor aquel fatídico 5 de Decembro de 1987 cando de novo a nosa costa recibía a noticia de que un buque con carga moi perigosa iba esculpirnos golpeándonos sin comelas nin bebelas e que a día de hoxe non se soubo nada da caixa negra(transporte nas bodegas)  e o pouco que se sabe é que eran productos inflamables, moi tóxicos e corrosivos. Numerosos veciños de vilas como Camariñas, Muxía, Fisterra, Cee e Corcubión eran aloxados en hoteis na cidade herculina.  De principio os informativos lanzaban "Un buque panameño con carga moi perigosa encalla na praia do Rostro", a verdade sea dita algo de verdade levaba pero os naseiros Nuevo Paquita Pérez, Vulcano, Arene Gane etc que por alí faenábamos poderíamos dicir como posteriormente se dixo "O buque Casón é remolcado e varado  porque o seu armador se negaba a pagar o remolque de Salvamento despois de que sufrira unha explosión a 22 millas do Cabo Fisterra".Afortunadamente os controis de Tráfico Marítimo tiveron que aplicar novas normas para intentar protexer unha das costas que máis tráfico de mercadorías perigosas soporta...















                                                                                    O Casón era un buque cargueiro panameño construído no ano 1969 que desprazaba 1100 toneladas.  Navegaba polas augas da Costa da Morte a 22 millas de distancia do Cabo de Fisterra un 5 de Decembro do 1987 cando por varios golpes de mar consecutivos a carga desprazouse e sufriron unha explosión a bordo ao entrar auga nas bodegas de carga e cuberta. Ao instante e como consecuencia do percance, 21 homes foron lanzados polo aire e falecendo ao momento. O Capitán lanzaba un S.O.S  ante a desesperación dos supervivintes que según se rumoreou ensañáronse contra el porque  para pedir axuda había un grave para pedir axuda había un grave problema para o armador " a fatídica carga que transportaba ",chegouse a dicir que alí había residuos radiactivos como os da central de Chernobil.A caixa negra da carga nunca estubo moi clara,a día de hoxe;  xileno, butanol, butil de acrilato, ciclohexanona, sodio, tóxicos, aceite de anilina, difenilmetano, o-cresol, dibutilflato e corrosivos ácido fosfórico, anhídrido alifático que cargaron nos portos de Hamburgo, Rotterdam e Amberes para dirixirse ao porto chino de Shangai. Aínda se discute si o Casón levaba  material tóxico como radio ou uranio. Ante a suposta negativa do armador de facerse cargo dos gastos dos servizos de rescate, os 10 mariñeiros supervivintes eran evacuados e os remolcadres españois encallaban ó Casón na Punta do Castelo, ao Sur da praia do Rostro.


 A odisea comezou cando o  buque comezou a estoupar e a Televisión de Galicia emitía unhas imaxes espectaculares do que acontecía. Poderíase obviar a gravidade do asunto pero miles de persoas foron evacuadas como precaución e quen sabe as que respirarían as nubes tóxicas que traían os ventos reinantes podendo ocasionar enfermidades moi graves que de seguro o fixo. Os veciños lindantes e sobre todo o pobo fisterrán e en vista do que alertaban expertos na materia que non se atrevían a acercarse ao buque nos primeiros momentos, esperaban que non se producira unha gran explosión con danos incalculables .


Por aquel entón, Fernando González Laxe que levaba semanas escasas ao mando da presidencia da Xunta, ordenou durante uns meses non faenar a menos dunha milla do casco do barco que foi convertíndose en chatarra no mesmo lugar da varada e onde non fai moito se podían ver restos do pecio. Daquel barco varado na praia do Rostro só queda esta ancla no porto de Fisterra, varios locais co seu nome e os restos tóxicos minúsculos de ferro polos acantilados adiante, quizáis a día de hoxe non tan radiactivos.

fotos:  fuente cedre

Nota: As fotos foron sacadas de fonte Cedre, Propia e outros autores que non se puderon identificar con efectividade ao estar expostas en varios sitios de internet. Si alguén considerase que debe reflexar o seu nome non dubide en poñerse en contacto co administrador deste blog.



4 comentarios:

  1. eu teño muitos recuerdos dese dia.uns non mui bos,pero outros si.
    o mellor de todo e que ao final non pasou nada.
    mikel,jrasias por poñer estas notias ,ainda que teñan tiempo ao menos a min justame recordalas.
    un saludo.

    ResponderEliminar
  2. Alejria de que todo quedara nun susto,pero que triste ver a xente marchar dos seus pueblos andando en coche,como podía..

    ResponderEliminar
  3. Bufffff eu era moi pequeniña cando esto pasou, interesante..... Lusesita

    ResponderEliminar
  4. Moi bo e interesante reportaxe!!

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo