Páginas

miércoles, 16 de febrero de 2011

Naufraxios: Un naufraxio, a orixe dun nome, un cementerio e un novo faro "HMS Serpent"


O Serpent foi un buque acorazado de casco galvanizado e pertencente á Mariña das Maxestades Británicas.Tiña 75 metros de eslora,12 de manga e 4,80 de puntal.Tiña dous motores que desarrollaban caseque 4500 cavalos de potencia e alcanzaba velocidades de máis de 17 nudos.Este buque escola estaba armado con 23 cañóns de difernete tiro,12 metralladoras e 3 lanza torpedos.A pesares que nesta foto é de cor branca,o buque inglés pintaba de negro e as franxas vermellas.O seu capitán Mister Harry L.Ross,o segundo Mr. Guy e o xefe de máquinas Mr. Robins.A tripulación completa no momento do naufraxio,176 mariños.O buque partiría do porto de Plymouth ás 14 horas do Sábado 8 de Novembro de 1890 rumbo a Sierra Leona pero atopouse con un forte temporal na Costa da Morte naufragando ás 11 da noite dun 10 de Novembro nos baixos do Boi,dous días despois da súa partida e bautizando a esta temida costa como "A Costa da Morte"

Supervivintes
O Serpent intentaba acoplar o Rumbo con Cabo Finisterre pero os fortes ventos ,pouca visibilidade e mar grosa que reinaba na zona fixeron imposible que o mariñeiro vixía que acompañaba ao Capitán divisase o vello Faro Vilán que por aquel entón funcionaba con carbón e aceite.Cando se percataron o buque xa estaba encallado e en poucos minutos o mar arrancaba de cuajo á cuberta,ponte,palos barrendo todo ser humano que collía por diante e escupindo cadáveres a terra sin cesar,un a un e ata 173 con só 3 supervivintes que foron os que axudaron a relatar editorial por editorial o acontecido .Relataron que aquelo era unha masacre humana e os mariños brutalmente golpeados contra as rochas eran lanzados polo mar dunha maneira nunca vista para eles.Os llantos e gritos dos que intentaban salvarse saían de todas as partes.Eles o único que fixeron nada máis oir os berros do Capitán de "Sálvese quien pueda"colleron os chalecos salvavidas e afortunadamente o mar tirounos nas areas das plaias Trece.Non había chalecos salvavidas máis que para 25 e os botes salvavidas parecían de papel no medio da tempestade.





Cementerio dos Ingleses


Tomaron rumbo perdido ata atopar unha pequena casa,alí leváronos onde o párroco de Xaviña onde os acollio e notificou o acontecido  ás Autoridades Españolas e Inglesas.Ao día seguinte as xentes solidarias de Camariñas colleron e malamente como podían aos falecidos arriscando as súas vidas e sendo incluso algún sendo arrastrado polas ondas e rescatados con utensilios de labranza.Os náufragos eran enterrados no actual Cementerio dos Ingleses na mesma beira da costa.Os supervivintes foron trasladados á cidade da Coruña e tomaron rumbo á súa terra no buque Tyne.Como recompensa da Mariña Inglesa hacias as xentes deste recuncho, regaláronlle ao párroco de Xaviña Don Manuel María   unha escopeta e unha vaixela cas suas iniciais,ao Alcalde camariñán D.Vicente Pérez un reloxo de ouro.Para o pobo solidario de Camariñas un barómetro que ainda se conserva nunha casa próxima ao porto e nos xardíns de San Carlos na cidade de A coruña unha placa conmemorativa de pedra.

Barómetro en Camariñas

As autoridades Inglesas criticaron duramente ás Autoridades Españolas que  o Faro Villano debería estar á altura que lle correspondía pola importancia á hora de navegar os buques pola nosa costa.Cinco anos despois e a raíz do naufraxio construíuse o actual Faro Villano,de pedra granítica rosada e formando unha torre de 25 metros sobre unha rocha de 80 metros de altura.O faro de maior alcanze da Península e o primeiro en funcionar con electricidade.Por aquelas datas tamén dixeron que non podía ser que na Costa da Morte non houbera telégrafo e tiveran que levarse as noticias a pé ata Carballo.Tamén se conseguíu o Telégrafo.

Naufraxios que fixeron e fan temer aos Capitáns de buques de Guerra,Civís e de calquer parte do Mundo.HSM Serpent,HSM Captain,Boris,Nord Atlantic,Bonifaz,Casón,Prestige.

Antigo Faro Vilán


Impresionante Faro Villano

!!Inglaterra visteuse de loito ao saber que o Serpent alí embarrancou
e pra sempre a esta costa galega de Costa da Morte o nome lle quedou!!
                                                                                      
                                                                                           Ana Kiro(D.E.P)


Texto: Mikel Camariñas.




3 comentarios:

  1. sije asi mikel por o ben que o fas,por o empeño que poñes,por o tempo que lle dedicas,por o entretenido que e,por as notisias que das,por o sensillo que e,por o ben que relatado esta,por.........................................


    `

    ResponderEliminar
  2. enhorabuena y gracias,da gusto despues de tantos años paseando por esas tierras descubrir algo nuevo,de esas tierras k tanto me apasionan.cuantas veces habre visto ese faro desde el otro lado(muxia)sin saber cual era su historia.sigue asi.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo