Páginas

miércoles, 30 de marzo de 2011

Un par de cachorros de lobo foron avistados á altura das Carballas


Alto das Carballas
Esta mesma semana, un veciño de Camariñas que viaxaba cara a cidade da Coruña sobre as 4 da madrugada, pudo ver como dous cachorros de lobo cruzaban pola zona do alto das Carballas, á saída do pobo. Pedro, o marido de Sefa, sorprendeuse cando se atopou preto do seu coche con estes animais que pudo identificar perfectamente. Fai poucos días tamén foi visto pola zona do Pión e Tilleiro (Buría) outro canino pero neste caso adulto e que posiblemente foi o mesmo que atacou a un par de burras de Alvito Diéguez (detrás do cementerio municipal). Está claro que esta especie animal cada vez adéntrase máis no urbano, uns din que pola fame, outros engaden que a época de celo dura dende Xaneiro ata Marzo. Os expertos din que non atacan ao home, de momento acertan, non causaron danos en persoas pero na última presenza que fixeron, atacaron unha burra preñada e varias galiñas dun corral á plena luz do día.

1 comentario:

  1. a min estes animales poñenme muito respeto,ataquen ou non ataques a o home,non me justaria atoparme con eles.piernas para que os quiero jaja.
    ao fin e cabo son animales.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo