Nos acantilados que lindan co monte da Pedrosa, preto de Reira, un matrimonio alemán que supostamente viña de vacacións a Camariñas, no vran do ano 1987, provocaba unha historia rocambolesca sen precedentes na Costa da Morte que no día de hoxe daría a volta ao mundo. A doctora Anna María desaparecía nun suposto accidente de tráfico na nosa vila e un ano máis tarde, aparecía viva xunto á súa tumba, na pequena cidade de Vilseck. Foron detidos ela e o seu marido por intento de estafa ás catro aseguradoras das que dispoñían. Un auténtico guión de película...
Lugar por onde tiraron o coche |
Todo comezaba no mes de Agosto de 1987. Anna María era médica e o seu marido enxeñeiro. Quizás fose o nome da Costa da Morte o que os motivou a vir por Camariñas nun citroën BX alquilado e intentar enganar ás diferentes pólizas de seguro de vida que tiñan contratadas por valor de máis de 300 millóns das antigas pesetas, naquela época e hoxe igual, é moito diñeiro. Este que redacta, non dispón de fotos pero sí de datos de primeira man, aparte do trato que dispensou con ditas persoas en compaña do señor Reinaldo (pai) cando rexentaba en plena movida dos 80-90 (vendo películas con Jose de Marta, Javi do Catalán, Marcos O ajudo,etc) o mítico Bar Pinar. Por aquel entón, os medios informáticos dixitais non estaban instalados por esta zona e tan só sei que fora publicada unha edición da Voz de Galicia a mediados do 1988 cando atoparon a suposta falecida ao carón da súa lápida. Membros do periódico semanal "El Caso", viñan unha semana despois do accidente a entrevistarnos ao señor Reinaldo e a min, por ser (polo visto) as últimas persoas que viran con vida á doutora e publicaban en portada dito acontecemento con un de nós sinalando o lugar (apróximadamente en Setembro do 1987) un mes despois do accidente, lástima non poder dispor deses artigos (agradecería de antemán si alguén dispón de algo)...dito periódico desapareu nos anos 90 despois de resistir a censura da época franquista e a competencia. Era tal a rapidez destes periodistas que incluso chegaban ao lugar do suceso antes que a mesma Policía e tiñan un arquivo de datos criminais que eran consultados polas mesmas forzas de seguridade en varias ocasións. Todos estes datos que von incluir, facilitoumos un xornalista de dito periódico despois de percorrer máis de 300 kilómetros, en pleno lugar do suceso, e dende o principio, todo cheiraba a chamusco, non nos cadraban varios detalles desta historia rocambolesca:

Había opinións para todos os gustos, uns que o mar a arrastrou morta, outros que fuxira en barco, e outros que viran un coche grande, alemán polas inmediacións sobre as 12 da noite con unha parella diante. Ao parecer identificaron só a Anna que ía de copiloto.
Un ano despois, eran detidos o seu esposo máis ela por intento de estafa. Ela apareceu poñéndolle flores á súa propia tumba no cementerio da pequena cidade de Vilseck. Anna María e despois Cecilia María (no pasaporte falso) naceu no ano 1948 e cando simularon o accidente tiña 39 anos.
HOLA MIKEL,ENCANTOUME A NOTISIA NON SABIA QUE PASARA.
ResponderEliminarXa non me acordaba desta historia, toda unha pelicula!
ResponderEliminarMuy bien Miguel,que sera de eles?
ResponderEliminareu acordome perfetamente dese dia.eu tamen me prejunto que sera deles.
ResponderEliminarostia mikel,,,acordome cando salira no peridico ca tua foto,,,acordaste?señalando donde fora,,,sije asi irman,cada dia sorprendesnos mas,,eres solo e o carallo
ResponderEliminarJODER PRIMO TES RASON Q SERIA DESES CAMANDULAS OOO, TIÑA EU 8 ANOS CANDO PASOU TODO ESO PERO ACORDOME PERFECTAMENTE .....
ResponderEliminar