Páginas

lunes, 2 de mayo de 2011

Unha marea humana de máis de 5000 almas demostraron en Baio que a Costa da Morte está moi viva

Pincha na foto se queres ampliar
Ese pasado Sábado, máis de 5000 persoas de toda a Costa da Morte aclamaron en Baio que se pare de desprezar á Costa da Morte. Fai dous anos eran concedidas as licenzas para instalar varias ITV en Galicia entre elas a do Concello de Zas e sendo esta última (curiosamente da Costa da Morte) a única que non sairía adiante. Politiqueos baratos, localismos e intereses partidistas, deixaron aparte e por primeira vez na historia democrática deste curruncho galego, as posibles diferenzas e uníronse todos cunha soa voz. No manifesto que interviron Xan García e Jorge Mira, agradeceron profundamente o apoio e presenza de grandes políticos da talla de Méndez Romeu, Marisol Soneira e Carlos Aymerich (nestes casos é onde se ve quen da a cara) entre os alcaldes de Muxía, Camariñas, Corcubión, Cee, Dumbría, Laxe, Malpica, Zas, Sta Comba e Carballo. Case toda a Costa da Morte estivo alí presente agás os Populares e a TVG, tan só fixo presenza  popular Carmen Borbujo (Vimianzo) que a honra con este detalle. Botouse en falta unha televisión pública e pagada por todos os galegos (incluídos os da nosa costa), considérase e pensaron nesta concentración miles de persoas (non é para menos), que a TVG está para servir según lle conveña, ao partido que estea no poder. Parece mentira que non amosaran a toda Galicia e ao mundo enteiro o malestar de miles de cidadáns que como ben se demostrou, están cansos de que sexamos a ovella negra da Xunta de Galicia e de desprezos trás desprezos (os contos non enchen) e con un ¿Por Qué? na mente. Unha Plataforma que traballou a destaxo para poder congregar Asociacións, Empresarios, Políticos de boa fe e cidadáns con un único fin e que agradecía a presenza de miles de almas. Que nadie se engane, aínda que a Televisión nos ninguneara, arrieros somos, en el camino nos encontraremos e para iso existen periódicos realistas que sí están a altura dos acontecementos e como non, Internet que move masas. Poderán ignorarnos, poderán desprezarnos (mentres llo permitamos) pero nunca conseguirán calarnos. A Costa da Morte ten que coller vida XA e aos que non se interesen por darlla, alo menos que non lla quiten e que deixen progresar dunha vez por todas á nosa Bisbarra.

Xuntos polo progreso da Costa da Morte era o lema máis idóneo que era izado ben alto, en pancartas elaboradas pola gran Asociación de Empresarios de Camariñas que segundo ían camiñando, os seus pasos eran compartidos por todos os alí congregados. Un manifesto expresado alto e claro no cal estaban moi sentidos e doídos os máis de 20 alcaldes e empresarios que segundo eles foron ninguneados polo popular Diego Calvo. Despois de dous anos dando largas ao concello de Zas, agora dinlle que hai deficiencias no polígono onde nun principio estaba todo aprobado para instalar un servizo que daría cabida a máis de 25000 coches da nosa Bisbarra. Non nos enganemos, non permitamos que ningún Partido Político, sexa da cor que sexa, humille máis a nosa zona, a nosa esquecida terra que quizáis algúns confundan Costa da Morte con a Costa está Morta. Vivimos novos tempos e novas xeracións que non se corresponden para nada coa imaxe que teñen vendida de nós, de paletos, vellos e vellas de negro tirando das vacas moi honradamente. Para rematar dicir sobre a nosa televisión (de todos para pagar) que é máis importante retransmitir un feito histórico sen precedentes antes que un gato que quedou atrapado nunha alcantarilla necesitando a intervención do 112. Estimados navegantes, oxalá isto sexa o comenzo de outras movilizacións e conciencias de que  mellor todos unidos pola defensa da Costa da Morte e dunha vez por todas darlle vida a Costa máis demacrada de toda España que en vista do que está sucedendo, non é de estranar. VIDA A COSTA DA MORTE que temos os mesmos dereitos que os demáis e si non os temos que nos digan ¿POR QUÉ?



Jorge Mira e Xan García leron o manifesto ante miles de persoas
 Nota: Agradecer as fotos e información do gran veciño e amigo Juán Carlos de Camelle. Camariñas directo e por outros compromisos non pudo asistir a esta concentración histórica na localidade de Baio. Ao mesmo tempo, aproveito a dicir nesta nota, que a pesares de non poder actualizar como un quixera esta pequena ventá, creceu ata límites insospeitados para este redactor nestes tres meses de vida xa non pola cantidade de visitas senón pola asiduidade delas. Sin vós, nada valdría para algo, MOITAS GRAZAS por estares aí.


En verde países dende onde nos ven






1 comentario:

  1. para que queremos ninguna television estando ti aqui informandonos.seguro que este blog leo muita xente e xa ten a informasion que lle fai falta.
    ojala se consija.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo