Pincha na foto se queres ampliar |
Ese pasado Sábado, máis de 5000 persoas de toda a Costa da Morte aclamaron en Baio que se pare de desprezar á Costa da Morte. Fai dous anos eran concedidas as licenzas para instalar varias ITV en Galicia entre elas a do Concello de Zas e sendo esta última (curiosamente da Costa da Morte) a única que non sairía adiante. Politiqueos baratos, localismos e intereses partidistas, deixaron aparte e por primeira vez na historia democrática deste curruncho galego, as posibles diferenzas e uníronse todos cunha soa voz. No manifesto que interviron Xan García e Jorge Mira, agradeceron profundamente o apoio e presenza de grandes políticos da talla de Méndez Romeu, Marisol Soneira e Carlos Aymerich (nestes casos é onde se ve quen da a cara) entre os alcaldes de Muxía, Camariñas, Corcubión, Cee, Dumbría, Laxe, Malpica, Zas, Sta Comba e Carballo. Case toda a Costa da Morte estivo alí presente agás os Populares e a TVG, tan só fixo presenza popular Carmen Borbujo (Vimianzo) que a honra con este detalle. Botouse en falta unha televisión pública e pagada por todos os galegos (incluídos os da nosa costa), considérase e pensaron nesta concentración miles de persoas (non é para menos), que a TVG está para servir según lle conveña, ao partido que estea no poder. Parece mentira que non amosaran a toda Galicia e ao mundo enteiro o malestar de miles de cidadáns que como ben se demostrou, están cansos de que sexamos a ovella negra da Xunta de Galicia e de desprezos trás desprezos (os contos non enchen) e con un ¿Por Qué? na mente. Unha Plataforma que traballou a destaxo para poder congregar Asociacións, Empresarios, Políticos de boa fe e cidadáns con un único fin e que agradecía a presenza de miles de almas. Que nadie se engane, aínda que a Televisión nos ninguneara, arrieros somos, en el camino nos encontraremos e para iso existen periódicos realistas que sí están a altura dos acontecementos e como non, Internet que move masas. Poderán ignorarnos, poderán desprezarnos (mentres llo permitamos) pero nunca conseguirán calarnos. A Costa da Morte ten que coller vida XA e aos que non se interesen por darlla, alo menos que non lla quiten e que deixen progresar dunha vez por todas á nosa Bisbarra.
Nota: Agradecer as fotos e información do gran veciño e amigo Juán Carlos de Camelle. Camariñas directo e por outros compromisos non pudo asistir a esta concentración histórica na localidade de Baio. Ao mesmo tempo, aproveito a dicir nesta nota, que a pesares de non poder actualizar como un quixera esta pequena ventá, creceu ata límites insospeitados para este redactor nestes tres meses de vida xa non pola cantidade de visitas senón pola asiduidade delas. Sin vós, nada valdría para algo, MOITAS GRAZAS por estares aí.
Jorge Mira e Xan García leron o manifesto ante miles de persoas |
para que queremos ninguna television estando ti aqui informandonos.seguro que este blog leo muita xente e xa ten a informasion que lle fai falta.
ResponderEliminarojala se consija.