Páginas

sábado, 4 de febrero de 2012

O redeiro Xurel Uno deixa impactados a mariñeiros e demáis visitantes que se asoman ao porto de Camariñas

Espectación máxima esta mañá no peirao de fóra e todo porque na tarde de onte atracaba no porto camariñán o redeiro máis impresionante na historia da pesca na modalidade de cerco na vila dos encaixes. A familia Campaña Lista, coñecidos popularmente como os Siros, unha familia que saca a base do seu sudor e sabiduría neste tipo de arte de pesca dúas empresas flotantes (tres se contamos a Eduardo fillo) nas cales empregan directamente a máis de 20 familias e armadores tamén doutro barco mítico na nosa costa, o Siro Segundo engrosan agora máis a lista da potente flota que nos últimos anos se foi reforzando considerablemente e convertindo ao porto de Camariñas como o máis importante da Costa da Morte (sen sacarlle mérito algún aos demáis portos). O Xurel Uno está equipado con todo tipo de aparellos técnicos de pesca, tan só mirar encima da moderna e sofisticada ponte de mando, a multitude de antenas destapan o que este impresionante buque de pesca leva dentro. Decorado interiormente cunha exquisita madeira, duchas, catres de última xeración, neveras, conxeladores e demáis electrodomésticos dos que consta unha propia casa completan o que necesita un barco para rozar a perfección. Equipado con dúas potentes grúas e un potente motor, o Xurel Uno estase metendo a punto da man do seu patrón, o Siro (fillo)e de seguro moi pronto estará pescando por calquer auga,  posiblemente surque os mares do norte en busca de xarda, con un barco así un pode dar a volta ao mundo. Moita sorte e que corran sempre bos ventos Xurel...
 
 O Xurel Uno procede do porto de Riveira e ten maís de 25 metros de eslora (largo). Está construído en aceiro e ten nas súas costelas máis de 97 GT de arqueo. A súa entrada en servizo foi en Xuño de 1996.







9 comentarios:

  1. ese pode que sea meyor co siro pero ainda ten que demostralo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. esa e unha verda koma unha catedral.... kedalle muito que demostrar ainda a este barco en Camariñas.

      Eliminar
  2. a fibra e pa sempre,o ferro no.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. SISEÑOR PARESE UN CAMPO DE FUTBOL.MUITA SUERTE SIRIÑO EN ESTA PAREJA

      Eliminar
    2. miguel justame como escribes porque poñes verdades coma puños,a pagina esta demasiado,quen cha axudara o

      Eliminar
  3. un barcallan,ojala que teña muita suerte.millor equipado non pode non podo estar.

    ResponderEliminar
  4. Muy boa notisia po noso pueblo miguel,un saludo grande.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Un saludo Jose,aléjrame verche por aquí...

      Eliminar
  5. o cantamañanas que escribio o da fibra non hay que ser moi listos para saber de quen ven. si a envidia fora tiña...................

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo