Páginas

viernes, 21 de septiembre de 2012

Este vindeiro sábado crearase a nova Asociación de Armadores de Cerco

Cambian os tempos, as formas, as leis e o amoldamento da flota pesqueira debe ir aparexado e ben encamiñado con elas. A iniciativa nacida por cerqueiros de Malpica con especial fincapé do Escacho reunirá este sábado  na Casa do Mar de Coruña aos principais armadores da costa e constituirase a Asociación de Armadores de Cerco principalmente da provincia herculina aínda que non se descarta que vaia aumentando, de feito, dous barcos de Portosín uniranse a dita iniciativa. Segundo fontes de Manuel de Lin, armador e patrón do Riobao, a partires das 10:30 está prevista a concentración e votacións para nomear oficialmente a nova directiva da asociación. Agás dous barcos que de momento non formarán parte, toda a flota camariñana e malpicana (as máis importantes da Costa da Morte nesta modalidade) asociaranse cos demáis portos da man dun prestixioso avogado para evitar que nun futuro cada cual tome un rumbo en solitario co conseguinte perigo de ser ignorado (a unión fai a forza) e reunirse coas respectivas consellerías de pesca e tratar de defender os dereitos comúns de toda a flota de cerco sobre todo no referente a cupos e outros factores que golpean duramente na liña de flotación económica dunha flota que xenera centos de traballos directos e sin ningunha dúbida é a máis importante no desenrolo pesqueiro  da Costa da Morte en número de traballadores e facturación. Renace a "voz" dos redeiros.

1 comentario:

  1. E un pracer deleitarse ca diccion que narra o editor no articulo como tamen o valor en preservar e resguardar os dereitos do sector pesqueiro,fonte principal do sustento economico camariñan.Un saudo o director,e tamen quero alentar que continue pola mesma senda de informacion imparcial e rigurosa que caracteriza esta paxina MADE IN CAMARIÑAS.by Kiños

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo