Páginas

viernes, 2 de noviembre de 2012

A veda da centola abrirase este próximo domingo día 4 de novembro



 

A pesares de que nestes momentos a centola está totalmente "baldeira", este próximo domingo abrirase a veda nas nosas rías. Normalmente capturada cun dos aparellos máis esquilmadores e menos selectivos, os miños, tamén está de actualidade capturalas con nasas que son fabricadas exclusivamente para este fin e que sin lugar a dúbidas é unha forma de pescar moito máis respetuosa con ela e cas demáis especies mariñas. O peso ideal para poder comercializalas é de 1 kg e aínda que existen miles de controis, especialmente ás embarcacións que dispoñen de permisos para a súa explotación, son maioría os restaurantes que ofrecen centola francesa ou do Reino Unido en sustitución da galega anque a "nivel local" non sexa o caso. Son grandes as diferencias entre elas sobre todo no sabor. Non é igual que se críe salvaxemente no noso mar a que salgan de piscifactorías como é o caso da maioría das foráneas. Datos moi fiables certifican que só 1 de cada 4 que se serven nas mesas son galegas sobre todo pola diferencia de prezo pero cando se paga por algo será. Os prezos en plena campaña poden oscilar entre os 6 euros/kilo ata os 20, dependendo da calidade e tamaño, exceptuando os picos que acadan os 30 euros/kilo. As diferencias visuais máis importantes entre a centola galega e a francesa son que as nosas teñen un color máis roxizo e pardo con restos de algas no seu caparazón e as uñas están máis gastadas. Todo isto a simple vista porque unha vez cocidas "nin punto de comparación". O dito, que xa a partires do domingo poderán verse as primeiras "calaveras" e non será ata ben entrado decembro cando un dos mariscos reis das nosas rías acompañen os mellores comensais. Normalmente as femias son máis solicitadas e diferénciase dos machos en que teñen a tapa de abaixo do caparazón, máis ancha, redondeada e abultada. Para asegurarse (difícil que así falle) de que este marisco estea cheo, a vea que se ve levantando dita tapa, ten que estar algo hinchada e cunha cor rosada clara...si está negrecida, pao seguro. Si o que escribe tivera un ápice de decisión, non sería ata o mes próximo a apertura da veda, de nada vale carrexar mil kilos a 5 euros si despois serían cinco mil a unha media de 15 porque o producto sería máis adulto e con garantías. Tema intenso a debatir en concreto nunha das Rías máis ricas de Galicia e do mundo, que cun exhaustivo control no seu plan e sobre todo, compromiso do sector, sería unha gran fonte de riqueza (máis repartida) nestes meses de inverno.

2 comentarios:

  1. TOTALMENTE en mallusculas de acuerdo contijo

    ResponderEliminar
  2. Interesante artigo...agora xa sabemos como diferir mellor a calidade distes crustaceos!ten toda razon en canto que seria mais eficaz dilatar a veda ata o proximo mes,coido que a productividade seria mais fructifera e rentable pra os que se dedican a recadar este manxar mariño.Saudos dende suiza e noraboa polos seus artigos!

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo