Páginas

lunes, 26 de noviembre de 2012

Importantísima victoria para un Porteño que a necesitaba

O xogador do Porteño "David"


Recuperaron a senda da victoria os cadetes do Porteño no encontro disputado na Grixa (Ponte do Porto) na  tarde deste pasado sábado ante un Ponteceso que demostrou que saben tocar moi ben o balón. O resultado de  4-0 non reflexa o complicado que é a veces sacar un partido adiante e sobre todo si a maioría dos equipos que militan na liga amosan a igualdade que se está vendo. Apostaron os homes de Ordóñez por un fútbol directo onde a preparación física xogou un papel importante anque foi a eficacia na pegada a que marcou a diferencia entre os dous equipos.

Crónica do partido:
Saía o Porteño concienciado da importancia de puntuar neste partido e iso notouse desde o 1º minuto de encontro. En frente, un Ponteceso que viña de golear ao Carnota intentaba aproximarse á portería de Brais pero a contundencia en defensa dos locais desbarataba calquer intento que a pesares de tocar moi ben o balón non foron quen de crear máis ocasións claras de gol que a única que o cancerbeiro porteño detía nun disparo a bocaxarro a poucos metros da área pequena. Trancurría a 1ª metade cunha boa actuación dos centrocampistas Josiño, Álvaro e Mario que en todo momento xogaron de cara a portería rival mandando balóns a un Michael que de novo demostrou que como a teña nas botas non perdoa e cun David que presionou maxistralmente  recuperando balóns importantísimos que en dúas ocasións convertiría en grandes asistencias de gol. Non se chegara ao minuto 4 de partido e Michael era derribado polo porteiro rival preto do banderín de córner cando se dispoñía a encarar o último obstáculo, a portería.O colexiado do encontro amosáballe cartón amarelo ao cancerbeiro. Minuto15 de partido e Josiño, moi activo durante a 1ª metade mandaba un balón ao espacio de Michael, que marcaría case sen ángulo tras aproveitar o esvarazo do porteiro ao intentar atrapar o esférico. Todo seguía igual, o Ponteceso elaboraba bonitas xogadas e o Porteño seguía co seu fútbol directo. David, que despois dunha memoriable presión durante todo o encontro ao seu marcaxe roubaba un balón que asistiría de novo a Michael que de novo deixaba sentado ao porteiro e enchufaba o 2-0 e marchaban ao descanso. O Ponteceso intentaba, anque sen éxito o seu fútbol e aos dez minutos da 2ª metade,  David deixaba na coroa da área un balón ao seu compañeiro  Mario (tirochut especialidade da casa) e poñía o 3-0 a favor dos Ordóñez. Aos poucos minutos Michael asistía a David outro balón que por escasos centímetros non superou a liña de meta. Foi a partires daí cando o adestrador pontecesán e co partido moi costa arriba, arriscaba sacando un defensa e introducía outro extremo para intentalo polas bandas pero tampouco fructificaron as preciosas xogadas que as veces deixaban plasmadas na Grixa. Antonio que entraba no ecuador da segunda firmaba o definitivo 4-0 nun sprint ata a portería rival e facía un gran papel defensivo ao igual que Manolo (loitador nato) ata os minutos finais. Suman os cadetes outros 3 puntos importantes  que os sitúan a 3 puntos do 3º clasificado, o Fisterra. Como novidade, debutou o porteiro infantil "Pablo". O vindeiro sábado o Porteño viaxa ao Platas Reinoso para enfrontarse ao Baio en horario matinal. Sorte e noraboa polo traballo que estades facendo chabales!!

Goles: Michael (2), Mario e Antonio.
O árbitro: Moi discutido


                                                 Nome: Miguel Angel Martínez Aufiero
                                                 Idade: 15 anos
                                                 Nacido: Sta Mariña (Camariñas)
                                                 Posición: Defensa Central

1 comentario:

  1. Como sempre, increible a crónica.

    Indo o partido, bueno, do único que me podo queixar e da expulsión de Bruno

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo