Páginas

domingo, 27 de enero de 2013

Tropezo vermellón no penúltimo partido da primeira volta


Recibía o Porteño este sábado e por primeira vez desde o comenzo da competición, con "sol", ao segundo clasificado da liga cadete G3, o Cee. Con bastante respeto hacia o rival máis polos puntos e posición que ostenta que polo xogo desplegado no Hermanas Patiño, os vermellóns non se fixeron donos do balón  no centro do campo e iso provocou que o partido fora aberto e con dominio dos ceenses. Caracterizado polo xogo aéreo por parte dos dous equipos, o Cee mostrou debilidade atrás en cada contragolpe que o Porteño materializaba cando das botas de Manolo saían balóns ao único punta da alineación. A ausencia de Michael notouse nestas circunstancias e a pegada quedou a cargo dun solitario e currante David que presionou, perdonou en dúas ocasións e marcou o único tanto dos locais. Aguantaron con solvencia atrás os locais 15 minutos de encontro que foi cando o cancerbeiro Brais erraba intentando controlar un tiro lonxano e sin aparente perigo o Cee adiantábase no marcador. Pouco despois do 0-1 desquitaríase cunha gran parada. Pasado o ecuador do 1º tempo David empataba 1-1 índose por enésima vez en velocidade dos centrais e facéndolle un caño ao cancerbeiro ceense pero a alegría duraba 1 minuto que sería cando os da Xunqueira poñían o 1-2 de novo a balón parado. Na 2ª parte, a posesión da pelota era visitante pero o balonazo incontrolado foi o protagonista dos dous rivais e chegaría o 1-3 cun auténtico golazo desde fóra da área defendida por Brais. Segundos despois, Álex poñía en serios apuros ao porteiro ceense cando da fortaleza física das súas botas saía un rechace que case se introduce nas mallas da portería visitante. O resultado estaba sendo inxusto si valoramos o gran traballo da defensa  pero outro despiste de marcaxe nun saque de esquina poñía no marcador o 1-4 definitivo. A pesares do resultado non se víu un bo partido por parte de ningún dos dous equipos. O colexiado do encontro "moi ben". A vindeira semana o Porteño viaxa a Muros e aí remata a 1ª volta desta difícil competición. Os de Ordóñez contan para este partido co plantel de gala. Vamos equipo!!

                                                          Nome: Martín Martínez Rial
                                                          Idade: 15 anos
                                                          Natural: Ponte do Porto
                                                          Posición: Extremo
                                                          Anteriormente militou no Vimianzo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo