Páginas

sábado, 2 de febrero de 2013

Nova derrota, fin da primeira volta e toca pasar folla

Este sábado remataba a 1ª volta da 1ª Autonómica G-3  para o Porteño en terras muradanas ante un rival directo con resultado negativo para os intereses dos vermellóns. O Muros foi dono do balón ante un equipo descoñecido porque de funcionar como eles saben outro galo cantaría. Adiantaríanse os locais na única ocasión que tiñan e Michael empataría 1-1 cun tiro seco e axustado desde fóra da área maquillando os pésimos primeiros 40 minutos. O Muros continuaría co dominio da pelota o resto do partido e a pesares do bo partido dos centrais visitantes, volverían ver a súa recompensa en outras dúas e únicas ocasións, que, en menos de 5 minutos  materializaban dous goles e poñían o 3-1 definitivo. A vindeira semana volve o Porteño a viaxar e farao a Coristanco, partido importante para volver a reforzar a moral dos pupilos de Ordóñez.

                                                      Nome: Jose Manuel Castro Castiñeira
                                                      Idade: 15 anos
                                                      Natural: Carantoña (Vimianzo)
                                                      Posición: Defensa lateral

1 comentario:

  1. Solo quero decirlle ao noso equipo que adiante,que confiamos en eles e que solo teñen que demostrar o que valen.Que ainda que as veces os critiquemos,solo e porque sabemos que o poden facer moito mellor,porque os conocemos ,solo lle fai falta creelo e poñerlle ás veces algo máis de ganas.¡¡¡AUPA PORTEÑO¡¡¡

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo