Páginas

sábado, 31 de agosto de 2013

O informe Rodust sae adiante pero coa mesma burla "histórica" de sempre hacia os intereses da nosa flota


Si nun hipotético caso lle preguntásemos a un político (dos arribistas) de altas esferas si entrar en Europa foi positivo, taxantemente contestaríache que sí, "hai cantos miles de millóns das antigas pesetas e de actuais euros" chegaron as arcas públicas para tratar de equilibrar as comunidades máis atrasadas, con Galicia como unha das punteiras. Si lle preguntas, como foi o caso, a un home de mar veterán si entrar en Europa foi positivo, taxante e maiormente contéstache que non, que si esto pasara fai décadas achacaríamos a unha decisión dictatorial o marrón onde nos están poñendo,  que a situación actual é como "chicar o mar cun tolete" metendo leis a diestro e siniestro, persoas que poucos ou nulos coñecementos teñen da situación real dos caladoiros e incluso en moitos casos, nulos coñecementos de pesca...todo é politiqueo barato co máis absoluto descaro. triple de España, esa é a medida equitativa que se coce no parlamento europeo diante dos fuciños do galego eurodiputado socialista, Antolín Sánchez Presedo, que esta mesma semana apoiaba á súa homóloga socialdemócrata "alemana" Rodust o seu informe baseado na pesca sostible para o 2020 e cos vindeiros anos con serias e preocupantes lagunas no referente aos intereses da nosa flota. O eurodiputado, natural de Betanzos declarou en algún importante medio de comunicación que apoiaba este informe, claramente negativo e estancado desde antaño para "evitar confrontacións no parlamento europeo", pero, a qué son debidas esas presións? temos dereito a sabelo?. Que Alemania non apoie en nada a España non é de estranar, pero, si nin os nosos o fan, apaga e vámonos. Antigamente que un político de pura casta, chegara alto, canto máis mellor, un pensaba que era positivo pero realmente e neste caso parece ser que de nada serve... quizáis se vexa só. Os ecoloxistas pretenden sempre presionar para que se apliquen puntos favorables para o sector pesqueiro pero o reparto de capturas segue sendo unha burla negra para todos nós. Para colmo, a partires do ano que se aproxima e de forma escalonada ata o ano 2017, o pouco que lles sobra aos demáis países, podemos pescalo nós e as capturas accidentais (descartes) restarán no cupo xeral. Chegou a especularse con levar aos tribunais que España non reciba o mesmo trato que os demáis paises comunitarios e si chegara o caso iríamos sen carteira porque lamentablemente o nome de "pesca" tamén desapareceu do noso ministerio, agora chamado Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente.. tan importante para nós e que pouco para estos, probablemente porque de seguir así, o mar teña outro futuro, supoñamos que para surcalo cargado de patacas ou chourizos, desos que tanto abundan por todos os cornechos e quizáis por carretera non se dea feito.  Que nadie se engañe, España non pinta nada (actualmente) e os que pescan en terra, esixen, prohiben (a nós) e sancionan, teñen un altísimo soldo corrido todos os meses, pensión vitalicia incluída. Ao principo decían que era porque España entrou 3 anos máis tarde que os paises claramente favorecidos e que as leis do sector marítimo xa estaban aplicadas, "evidentemente" había que volver facer os oportunos repartos por países pero todo quedou (de momento) en papel mollado, despois porque os nosos caladoiros estaban sobreexplotados e unha vez recuperados os barcos abandeirados noutros países poden pescar nos nosos caladoiros. Antes, durante e a canda nós e descargando nos nosos portos miles de toneladas máis de cabalas do noso fondo, porque un creía que nas nosas costas, a poucas millas do Villano, das Quebrantas e doutros puntos máis que de seguro lles sona a chino aos que nos rixen, a veda sería para todos... por recuperar unha pesca sostible, non?



PARTE DA FLOTA CAMARIÑANA NO PORTO DE SANTOÑA NA CAMPAÑA DO VERDEL...Imaxes Camarinasdirecto


2 comentarios:

  1. O meu apoio a flota pesqueira Española afectada por unha politica europea pouco equitativa, que representados por cargos politicos ineptos e achantados perxudican os intereses dos Españois tal como foron elixidos pra bregar e do que por ilo son remunerados xenerosamente.

    Dende a miña persoa animo o sector pesqueiro(un motor importante economico) a non resignarse polas decisions que estando mal representados,atentan contra flota pesqueira Española de forma tan inxusta e abusiva.

    Reciban Un cordial Saudo.


    Kiños

    ResponderEliminar
  2. ¡ Manda carallo ! ...e mandan aqueles que non aguantan fondeados no Jolfendro nin media hora, sen que se lles revolvan as tripas.
    Acabarían “ enjadando “ enriba dos peixes que nin sequera coñecen; e. malamente saberían destinguir se son lorchos ou son troitas do Mandeo, as que nadan polo fondo dos nosos mares.

    Antonio Puertas

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo