Páginas

lunes, 7 de marzo de 2011

Pouco máis de dous meses do que vai de ano e os barcos do Cerco xa teñen prohibido provisionalmente pescar Xarda



                                                                
Siro segundo, un dos mellores redeiros da costa
Si o sector da pesca é complicado xa en por sí, nestes momentos os barcos do cerco están pasando por un recorte considerado polo sector inxusto nas capturas de xarda . No mes de Febreiro, a flota camariñana estivo case totalmente no paro e dous barcos emprenderon ruta hacia ás costas vascas en busca da cabala fai pouco máis de 15 días. Unha vez alí e a escasos días de comezar a faena, recibiron o aviso de que a metade do cupo anual da xarda estaba esgotado tendo que regresar para o seu porto. Xaneiro practicamente amarrados polo mal tempo, Febreiro no paro, uns poucos días de Marzo e o tope anual xa vai medio vencido. Os barcos de arrastre comparten o mesmo tope que os cerqueiros, da igual que os arrastreiros pesquen o dobre ou a metade, que faenen máis ou menos días, pero dende o sector do cerco, consideran inxusto o aparexamento de dúas flotas totalmente diferentes no mesmo cupo.



As leis impóñense en Bruselas e no medio as negociacións de España cos Comisarios de Pesca son fundamentais. Lamentablemente temos que dicir que desta vez tampouco son boas as decisións que lles toca acatar aos barcos galegos...moitas veces os biólogos e diferentes técnicos teñen que elaborar grandes medidas para que coa colaboración dos mesmos pescadores, o peixe se recupere. O que non entra no caixón é que menos de dous meses de traballo do que vai de ano, esgoten xa a metade  estipulada no cupo anual. A Conselleira do Mar , Rosa Quintana  facía hincapé nunhas palabras nas cales resaltaba que os cupos estaban mal negociados por parte do Goberno Central e que si é así, os profesionais do mar compartimolo totalmente. A xarda é unha especie migratoria, é dicir, non se pode pensar que no mes de Xullo estea o citado peixe esperando polos barcos e noutro mes esgotar tamén o que queda de cupo. Estes peixes móvense en madas e influenciados polas correntes, temperaturas, épocas do ano, etc. O caso é que no medio de todas as negociacións que fan os diferentes países da Unión Europea e segundo a importancia da súa actividade pesqueira, aos mariñeiros galegos quédalles cara de asombro e non comprenden ter que ver peixe no mar e non poder pescalo . Mentres tanto hai que seguir adiante con tantas leis que van e veñen, co mal tempo do inverno que non sempre deixa facer as xornadas e a saber con qué outros recortes ou aumentos se estipularán sabe deus cando, co sector antes de impoñer algo a verdade non se conta...<< pescar con control sí pero poder pescar >>. A xarda será abastecida no mercado igual, de outros países foráneos chegarán trailers e miles de toneladas. Este tipo de barcos dos que se compón a flota do cerco son importantísimos en número de mariñeiros enrolados. Os profesionais consultados ven exageradas estas medidas nunha actividade complicada xa en por sí no mundo do mar.
Arriba, os "míticos redeiros" Siro Segundo e Lago dous son os barcos máis grandes da importante flota camariñana. En pleno rendimento, son case 20 familias as que viven desta arte de pesca en só dous buques como os citados.


3 comentarios:

  1. en calquer traballo para poñer unhas normas primeiro teras que traballar en el para saber de que vai.
    que fai un da terra prohibindo o do mar,ou do mar prohibindo o que e da terra.
    creo que o mar xa se encarja de normas.

    ResponderEliminar
  2. Meu comentario non ten que ver co post, so e pa felicitar a persoa que leva esta paxina que acabo de descubrir.

    ResponderEliminar
  3. Non sein como será a vida dos mariñeiros,pero cada vez esto vai a peor.Normas que cada vez entendo menos.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo