Páginas

domingo, 22 de abril de 2012

Falece Sra Marta Barcia Gerpe aos 83 anos de idade

Hoxe pola mañán cedo Camariñas recibía a triste noticia de que Sra Marta falecía no hospital despois de loitar cunha longa enfermidade. Unha muller coraxe, unha nai coraxe e unha persoa moi querida no mundo do mar porque pasou moitos anos rodeada de patróns, mariñeiros e compradores de peixe do noso concello. Percebeira, compradora de carnadas, vendedora de sardiñas, asalariada de Cerdeiras e moito máis que tivo que tirar do seu carro para sacar adiante os 12 fillos que quedaron ao seu cargo despois de que o seu querido e insistituíble Manolo sufrira a poucos anos de casarse unha cegueira que o retiraría da súa profesión de mariñeiro para sempre. Moi xóven comezou a súa hazaña, digna de admirar por calquer muller do planeta. Miles de kilos de peixe pasaron polas súas mans en tempos que apenas había alumeado público e con menos de mil pesetas de xubilación do seu falecido home.Sempre quedará no noso recordo, a lección de honorabilidade, honestidade, humildade e respeto entre os que tivemos o pracer de cruzarnos con ela durante as nosas vidas. Camariñas Directo quere mandar o noso máis profundo pesar aos seus fillos, netos, bisnetos e demáis seres queridos. Un abrazo moi forte ao seu único fillo varón, Jose de Marta co que sempre reinou entre nós unha profunda, sincera e intachable amistade. Señora Marta, que Dios a teña na Gloria. Descanse en Paz...(Está sendo velada na súa casa no emblemático barrio de Corea e o seu enterro será mañán a partires das 17:45)



En épocas nas cales eu (Mikel) colaboraba con Camariñas.eu, Marta era entrevistada e hoxe queda reflexado como o meu máis humilde homenaxe hacia a súa persoa e familia:

A muller coraxe


CSI Camariñas presenta o seu episodio número 2
CSI Camariñas presenta o seu episodio número 2

Mikel P.I. (Private Investigations), como aquel melancólico detective de floreada camisa hawaiana, continúa patrullando implacablemente as calles de Camariñas en busca de reportaxes de investigación que ofrecer ao gran público camariñán, unha lexión de seguidores que quedaron impactados co debut do periodista científico de camarinas.eu. Neste segundo episodio do CSI Camariñas o principal investigador privado do Campo fai unha parada noutro barrio emblemático de Camariñas para entrevistar a unha muller de leyenda.

" A MULLER CORAXE "

A familia de Marta ao completo no ano 1971. Só faltan Carmen e Lola.
A familia de Marta ao completo no ano 1971. Só faltan Carmen e Lola.
Nesta segunda edición da miña colaboración co diario máis visto de toda a Costa da Morte, debo rendir homenaxe a unha "muller coraxe", unha "nai coraxe" e unha señora moi querida en tódolos portos coñecidos. Tivo que afrontar o rumbo dunha vida moi difícil naquela época onde nin sequera habia alumbrado polas rúas. Pasou a maior parte da súa vida entre os mariñeiros, patróns e compradores da nosa vila. Loitadora e moi intelixente, armas que tivo que utilizar para poder afrontar unha vida que se lle torceu cando o seu querido home "Manolo", padeceu unha ceguera por enfermidade levando apenas uns anos casados. Manolo do Fulias, mariñeiro de profesión, tivo que agarrarse a 800 antigas pesetas. Ahí comenzou esta muller a emprender unha hazaña digna de admirar por calquer muller do planeta. Percebeira, compradora de peixe, vendedora e asalariada dos Cerdeiras unha época. Tirou do seu famoso carro miles de kilos peixe do cerco.
Con doce fillos enxendrados, oito viven na na actualidade; Lola, Carmen, Susa, Barca, Marisol, Elena, Rosa e o único varón Jose. Avoa de trece netos e tres bisnetos.
Un pracer para min presentarvos a "SRA MARTA":
Marta Barcia Gerpe, natural de Camariñas. Nacida no Outubro do ano 1928.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Mikel- ....Vivío sempre en Corea?
Marta-....Non, de recén casada fun para a casa dos meus sogros. Despois cando fixeron as casas baratas (que de baratas non tiñan nada), viñemos para aquí e aquí quedamos definitivos.
Marta frente a súa casa actual
Marta frente a súa casa actual

Mikel-....A qué idade se casou?
Marta-....Tiña 19 anos.

Mikel-...Traballou sempre dende que se casou?
Marta-...Sí, sempre traballei. Por aquela época tiñamos que traballar todos e non chegaba. Por desgracia o meu home quedou cego moi pronto e uns anos máis adiante deixome soa, quedei viudiña cando mellor estábamos. Tuven que ir aos percebes, as ameixas, a fábrica dos Cerdeiras (que sempre deron moita vida ao noso pobo), anduven ao balume, compraba carnada para os barcos, para compradores como Mouzo Mar (Camelle), Pedreira(Arou), Rey e os Buños ,ata preparaba a xarda (para cebo) de máis de trinta barcos que daquela época andaban ao Canto (merluza) de noite no muelle e de día cas miñas obligacións.
Mikel-...A calqueira porto pesqueiro que von, coñecen a Señora Marta, qué me di deso?
Marta-...Non sei, pode ser porque eu atendía moitos barcos de Camariñas, Arou, Sta Mariña, Camelle, Malpica e ata Canduas. Eu debía terlle listo o peixe a moita xente e cando non había peixe na nosa lonja tiña que traer camións ata dende Ribeira e despois descargalos claro.
Mikel-...Botou de menos cando parou de facelo?
Marta-...Claro que si meu filliño. Aínda hoxe en día o boto de menos. Miro sempre pola ventana da miña casa (situada en frente da lonja) e cando vexo movemento de xente descargando peixe alégrame o día. Hai noites que aínda soño que estón comprando. Aínda que a lonja xa non pite, cando vexo aos mariñeiros pregúntolles quen trae peixe e a cómo foi de precio.
Mikel-...E por qué parou de comprar, por falta de saúde?
Marta-...Non, empezaron a vir os impostos, os seguros e moitas cousas máis que facían que xa non compensara traballar. Eu era unha muller que non queria abusar dos precios e decidín deixalo.
Mikel-...Tivo algunha vez algún problema no seu oficio?
Marta-...Nunca, bueno si, unha vez un lonxeiro púxome unhas trabas cando parei máis de 3000 kilos de sardiña. Fun xunta o alcalde Bautista (nunca máis o molestei para nada) e falou co lonxeiro diante miña e arregloume o problema no instante. Dende aquela nunca máis tiven nada con ninguén.
Mikel-...Velle futuro a nosa pesca de baixura?
Marta-...Moito non, e cas cousas que estan pasando ultimamente menos. Estón moi triste porque pararon a dous barcos dunha persoa que para min e para o meu home foi como un fillo: meu sobriño Lin.
Mikel-...Di vostede que Lin foi como un fillo, vese que lle quer ben verdad?
Marta-...Si,non o digo porque sexa teu tío. Lin para min foi moi bo e nós para él. Con eles o pobo sempre estuvo cheo, eran moi boas persoas, daban bolsas de peixe a todo mundo e eso para os que estamos xubilados era unha grande axuda. Oxalá volten pronto eses barcos ao mar.
Mikel-...Qué pensa vostede que teríamos que facer os xóvenes para non ter que coller as maletas?

Marta-...Non sei pero aqui non hai traballo para homes nin para mulleres. Os traballos están contados.
Mikel-...(Nese intre veñen as bágoas a faciana da nosa heroína). Pásalle algo Sra Marta?
Marta-...(Agarra a miña man) Estón ben, teño o cariño de todas as miñas fillas, dos meus netiños pero fáltame Jose, está moi lonxe.
Mikel-...Cando se vivía mellor Marta, antes ou agora?
Marta-...Agora oh, antes era todo mui duro, non pagábamos impostos como agora pero tampouco tiñamos nada máis que fora as nosas mans para traballar. Agora hai moito gasto, si luz, teléfono, funeraria en fin, cando vas cobrar xa tes que apartar aquelo para pagar, pero con uns aforriños e ca paga aínda que sexa pequena vívese moi ben hoxe en día.
Unha muller de Camariñas que tivo que loitar contra a adversidade e venceu
Unha muller de Camariñas que tivo que loitar contra a adversidade e venceu
Mikel-...Falando de funeraria, pensa que sería bo ter un tanatorio en Camariñas?
Marta-...Home, claro que seria bo. Hoxe en dia téñeno en casi tódolos sitios. Unha persona que teña unha casa pequena ten problemas para velar o seu ser querido, canto antes o fixeran mellor para todos e despois cada un que velara onde quixera.
Mikel-...Moitas gracias señora Marta por brindarme un cachiño da súa valente e honrada vida, pero antes de marchar quería que me deixara unha anécdota que lle pasara...
Marta-...(Entre risas) Unha vez iba co can ao balume, levábao solto, fai moitos anos xa desto. A Garda Civil pasou por alí e multoume. O Perdido non me deixaba sola nunca e despois tíñao que amarrar ao carro. Ata salira no periódico porque unha multa por eso naquela época era raro, e o meu canciño era manso e moi boiño.
Salgo da súa cociña, tremendamente agradecido polo calor que me brindou a nosa Muller Coraxe, quero agradecer tamén a colaboración prestada polas súas fillas e Jose de Marta, fiel usuario de Camarinas.eu. Un auténtico honor para min deixar esta segunda edición adicada a un xénero feminino,l oitador e sempre realista como a vida mesma. Moita Salud Sra Marta.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
O que si quere salientar a nosa homenaxeada é da importancia que tivo no desenrolo de Camariñas a súa irmán "María de Marta", fundamento que eu tamén comparto e deixo constancia delo co nacemento da miña filla Jenny avisándome do tempo exacto q lle faltaba para alumbrar á súa nai. A matrona que tíñamos antigamente antes de que estivera o Hospital de Cee e cando chegaba moi tarde a xente para alumbrar os seus retoños ao Materno da Coruña. Como todos sabemos a irmán da Sra Marta sacou a luz moitos nenos, aparte de ceremoniar os mellores banquetes cando naqueles tempos se  facían as bodas e comunións no baixo de Perrúa. María cociñou as mellores delicias da nosa Camariñas querida. Dado o seu estado de saúde non quixen molestala e deixo un pequeno homenaxe a esta familia que sacou talentos moi valiosos para toda a nosa Vila.
Queda constancia nun pequeno vídeo (que poderedes ver mañán), dun alumbramento retoñal relacionado ca súa irmán e o seu fillo, no mítico Land Rover do noso inesquencible Sr. Ruperto Mosquera e tamén unhas palabriñas ao seu fillo Jose, sempre pendente de chamarlle as 10 da noite tódolos días dende Londres para recordarlle que ten que poñer o seu medicamento.

 

 

Comentarios  

adry 07-03-2008 00:28 # SI SEÑOR...vai reportaxe, cando o vexa jose vai tolear, e tamén a piruquiña.
Señora Marta ademas d traballadora é unha moi boa muller, e bueno toda a familia, q son os meus veciños d toda vida.
Mikel ers un Crack!!!!
bikiñsss
Responder | Responder con una citación | Citar
O SOCO 07-03-2008 00:49 # Noraboa Mikel, fermosa entrevista e quero saludar a Señora Marta e a toda a sua familia.

Espero una entrevista cua sua irma Maria de marta xa que somos moitos que lle debemos a nosa existencia. (ainda que me sacara polas orellas...jajajajaj)
Responder | Responder con una citación | Citar
a muller coraxecurrodetras 07-03-2008 01:01 # poucas mulleres coma ela,dentro da sua humildá,unha gran persona...sra MARTA
bo traballo Mikel,inda q me qeda unha duda,¿seria ese carrito q nombrastes o q mas km fixo do pueblo?............
saludos a ti,pero espesiales pa sra MARTA
Responder | Responder con una citación | Citar
pepewells 07-03-2008 01:07 # Allá en los años del hambre, un "maletilla" era aquel que empujado por la necesidad esperaba agazapado entre la muchedumbre taurina una oportunidad para, solo, con una cazadora, un mantel, un trapo, enfrentarse al astado en combate mortal para así acabar con las cornadas que daba el hambre. Sin llegar a esos extremos, todos estos años había entre nosotros un par de personas, talento puro, corazón grande, que esperaban una sencilla oportunidad para apabullar con su creatividad desmesurada, hiperbólica. Hoy Mikel ha confirmado lo que muchos ya sabíamos. Esperemos que en el futuro (tal y como ya le he comentado en privado) no desmerezca en el libro de visitas el impresionante trabajo que está llevando a cabo en el CSI. Ahora el listón está ya muy alto. No nos conformaremos con menos. Enhorabuena por un gran trabajo.
Responder | Responder con una citación | Citar
jose de marta 07-03-2008 01:40 # Joder miguel que sorpresa que sacaras a miña nai,bueno en realidad a toda a familia,gustoum e muito pero que muito,esta demasiado.Currodetras tes toda a rason que o carro fixo mais kilometros que muitos coches jajaja.Fixestes un gran traballo miguel,muitas grasias tanto a ti como diego.
Responder | Responder con una citación | Citar
PIRUCA 07-03-2008 01:48 # Moitas gracias pola homenaxe que lle fixechedes a miña abuela Marta,creo que o tiña máis que merecido, xa que, é un exemplo de muller a seguir.Loitou e traballou moitísimo para levar a vida adiante honradamente.Eu, persoalmente admiroa moito,e non porque sexa miña abuela.
Tamén gardo moi bos recordos do meu abuelo Fulias,acordome que pelaba as patacas perfectamente,t iña un oido que era unha pasada e un corazón incrible.Dios o teña na gloria!
Por certo,sempre se di que o can é o mellor amigo do home pero,neste caso,o Perdido era o mellor amigo de miña avoa.

Gracias Mikel e Diego por esta homenaxe a miña avoa.

Por último, eu tamén penso coma o Soco,outra entrevista a miña tia Maria,outra muller digna de admiración.
Responder | Responder con una citación | Citar
martarubiasexy 07-03-2008 02:05 # muy bonito si señor,,meresiao muy boa persona,,,bai boa d traballar ,,grasias migel e mas diego eu tamen penso que airman ..maria,,de,,mart a,,tame,,omeres e,,que,,quto ,,muito,,fillos ,,do,,pueblo,,, ,omellor,,inda, ,che tocou..ueno,,grasia..migel y diego,,
Responder | Responder con una citación | Citar
Bufardo 07-03-2008 10:38 # Dicen que la vida es arte; por eso haz de tu vida un bonito cuadro que pueda ser admirado por todo el que lo contemple.

Mikel con su narrativa nos ha mostrado una parte del bonito cuadro que ha pintado Sra. Marta a lo largo de su vida, la vida de nuestro pueblo en estado puro…
Responder | Responder con una citación | Citar
ta martarubiasexy 07-03-2008 11:52 # bale de parte,,de ,pedro,,seu,,so briño,muitos recurdos,,,que, ,esta ,estdes todos mui ben,,si señor ,grsias migel e diego,,pedro.fuerteventura
Responder | Responder con una citación | Citar
mantida 07-03-2008 12:17 # Sí que me justou o reportaxe,que bon desir de señora MArta,querolle muito, porque a miña infansia paseina nesa casa,comendo dormindo etc,a unha das mellores amijas que teño é unha das suas fillas Lena de Marta,que me chama siempre Mantida.Do seu home,unha jran persona,cullían os a lena nunha pata é a min en outra é levantabanos as duas polo aire,é do resto das fillas desir que son todas mui boas personas, querolle muito a esta familia.
Responder | Responder con una citación | Citar
gelinita 07-03-2008 13:20 # Enhorabuena Mickel a señora Marta fui,e e sera siempre unha luchadora.
Responder | Responder con una citación | Citar
Pion 07-03-2008 13:20 # hola mikel grasias por este reportage,que asi tamen nos aprendemos cousas da vida con estas historias reales,e do omenage a señora maria non estaria mal
Responder | Responder con una citación | Citar
Noelia 07-03-2008 13:25 # Moi boa xente si señor. É tia de meu pai xa que o seu home era irmán de meu abuelo Fulias. A sua irmán María foi a que fixera o banquete de meus pais o día da sua boda e fora un dos máis grandes naquela época.
Sempre me acordarei de cando criaba os porcos que eran tan grandes que casi non andaban JAJAJAJA. Un biquiño a ela e a toda a familia xa que os queremos moi ben desde siempre
Responder | Responder con una citación | Citar
Mara 07-03-2008 13:43 # Nunca poderemos chegar a agradecer a todas estas mulleres que co seu tremendo esforzo sacaron as súas familias adiante, con tanto traballo e dedicación...e en unha época onde tuveron que pasar moitas e grandes necesidades.
Esta reportaxe creo que é un pequeno homenaxe a todas elas.
Sra. Marta, noraboa por todo o que fixo na súa vida, de verdade. A súa familia de seguro estará moi orgullosa de vostede.
E a Mikel darlle as gracias por todo o que fai, e polo cariño co que o fai.
Responder | Responder con una citación | Citar
tistostis 07-03-2008 14:28 # En este tempo de eleccions,cando toda-las entrevistas que se fan son a políticos,anali stas da política e da economia,entend idos de toda-las materias habidas e por haber,tertulian os que falan do divino e do humán, e que en vez de aclara-las ideas o que fan e poñeren unha empanada mental na cabeza do pobre paisano, a reportaxe que acabo de leer en forma de entrevista a Marta,e coma unha bocanada de aire fresco para os meus pulmons e xa non digamos para o meu cerebro.
Os que pasamos de largo a ¿cincuentena? coñecemos moi ben toda a actividade desta vital muller.Sempre que vou o pobo de ano en ano teño que facer a charrada casi ben que cada dia,con ela.
Noraboa pol-a reportaxe.
Un saudo tista
Responder | Responder con una citación | Citar
Rueironovo 07-03-2008 17:25 # ben mijel justoume muito o que escristes de sra Marta eu tropeso con ela casi todos os dias na porta da CAIXA JALISIA e dime teño que parar pois si non xa non subo a costa e ahora xa non traballo nada o pois hasta vendin as cabronas das jaliñas que tiña na ajra de baixo.SALUD POR MUITOS ANOS SRA MARTA
Responder | Responder con una citación | Citar
Machote 07-03-2008 18:40 # enoraboa miguel fas majas tio como se vay poñer jose van chegar as lagrimas a camariñas cruzando o cantabrico,feli citacions mikel a sra marta sempre fuy muy boa para min cando traballavamos no peixe un saludo para a sra marta de todo o corazon.
Responder | Responder con una citación | Citar
juanillo 07-03-2008 19:34 # si señor mijel.sobran as palabras,hai que sacarse o sombreiro diante desta muller,que dure 100 anos mais,a nai do meu jran amijo jose de marta.enhorabuena polo reportaje.un 10.
Responder | Responder con una citación | Citar
duquesa 07-03-2008 19:41 # Moi ben Mikel estas feito un periodista barbaro unha muller que xa quedan poucas,si señor.Increible
Responder | Responder con una citación | Citar
duquesa 07-03-2008 19:41 # Moi ben Mikel estas feito un periodista barbaro unha muller que xa quedan poucas,si señor.Increible
Responder | Responder con una citación | Citar
corvo 07-03-2008 21:38 # mui ben MAIKEL ,1 bo reportaxe dunha muller luchadora, traballadora ,e bo persona .desde aqui 1 forte abraso ,e 1 saludo a familia en espesial a JOSE , por ter 1a nai tan boa
Responder | Responder con una citación | Citar
ines 08-03-2008 16:46 # muy bonito o reportaxe miguel!!eston de acordo que he unha muller para acordarse de ela,honrada ,traballadora e moi boa veciña
un saludo
Responder | Responder con una citación | Citar
weah 08-03-2008 18:31 # mikel para ser el dia de la mujer no mejor que señalar a doña Marta como ejemplo de lo mucho que trabajaron las mujeres de nuestra tierra,pero a parte de ser muy buena gente es que a pesar del trabajo y las dificultades de la vida sus puertas siempre estabam abiertas a todo el mundo y cuando se pasaba delante de su casa uno respiraba felicidad y armonia,a tia Marta como siempre le llame te deseo cien años màs felicidad y doy gracias por haber conocido mujeres como usted.
Responder | Responder con una citación | Citar
jose de marta 08-03-2008 20:57 # Hola soy la nieta De marta y tambien me llamo marta.Estoy muy contenta por ver a mi abuela en el ordenador.Se lo merece ,es muy buena.Le quiero mucho.
Responder | Responder con una citación | Citar
Edurne 09-03-2008 08:15 # mikel escogiste el dia de la mujer trabajadora con una mujer de ejemplo.Tu mismo lo dices una mujer coraje.Impresionate el trabajo realizado un 10 y ahora a esperar otra semana para saber con ke nos sorprendes.Fantastico

7 comentarios:

  1. Vese que valoras muito as personas mikel e eso di muito de ti,MARTA fui unha señora en mayusculas como ti dis,escribes tan ben como falas,as miñas condolencias a familia ao completo de Marta.Descanse en paz

    ResponderEliminar
  2. o meu sentido pesame a familia de señora marta D E P ,

    ResponderEliminar
  3. O QUE POÑE ANOMINO SON EU SEFA E OS PEDROS

    ResponderEliminar
  4. D.E.P SRA MARTA,e un abraso a familia.
    De acordo con todos os comentarios anteriores.
    Gracias Miguel.

    ResponderEliminar
  5. O meu mas sentido pesame a Jose de marta e as suas hirman por tan grande perdida.

    ResponderEliminar
  6. Muitas gracias Miguel por éste detallazo da tua parte e tamén a todalas personas que nos acompañaron nestes duros momentos. Gracias de corazón a todos.

    ResponderEliminar
  7. Gracias a todos ,bonito detalle Miguel o poñer a entrevista outra ves.Miraras o correo Miguel.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo