Páginas

lunes, 4 de abril de 2011

O mar arrastra e escupe multitude de basura que non lle corresponde cara as nosas praias

Está claro que manter unha praia limpa durante todo o ano no noso litoral é imposible. Con tan só un día que o mar de fondo sexa considerable, o lóxico é que as correntes e as ondas arrastren o que o ser humano lle tirou porque agás as algas, todo o que poidemos atopar hoxe na praia de Lago en Camariñas eran plásticos, madeira, botellas e ata rodas de coche. Segundo se acerca Semana Santa e os raios de sol van facendo presenza, a xente vaise animando a broncear o seu corpo e os máis valentes a tomar uns baños pero está clarísimo que as cadrillas que se encargan de facer este tipo de limpezas, son máis que necesarias si queremos facer un uso lóxico das nosas fermosas praias. Non estaría mal tampouco que entre todos foramos concienciándonos de que o que non é do mar, este non o quere. Pincha se queres ver unha pequena galería do estado actual de un dos nosos areais.










1 comentario:

  1. recordame cando eramos rapases e ibamos a plaia a buscar JALANOS.
    e verda que todos deberiamos ser consientes de non tirar nada para o mar.e unha pena ver as plaias asi.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo