Mostrando entradas con la etiqueta Política. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Política. Mostrar todas las entradas
viernes, 16 de noviembre de 2012
sábado, 13 de octubre de 2012
Este domingo día 14 " Mitin do PSdeG-PSOE " en Camariñas coa presenza estelar de Pachi Vázquez
Como todos os lectores poden comprobar día a día, aquí en Camariñas Directo, nunca se fai demagoxia nin se manipula ningunha información que non sexa real nin tampouco se incita a votar a Xoán ou Perillán pero vamos ser sinceros e realistas, poucos, incluso nos atrevemos a dicir que ningún aspirante das altas esferas políticas que non fora socialista se acercan a estes recunchos máis afastados da nosa xeografía galega (sobre todo Camariñas) cando se abre a campaña política máis importante de Galicia, máis ben buscan vilas céntricas onde poidan xuntar máis xente e votos e curiosamente o aspirante a ser presidente da Xunta polas filas socialistas visitou en varias ocasións a capital do encaixe, unhas veces por curtas estadías vacacionais e outras pola gran afinidade que ten coa deputada camariñana Marisol Soneira. Nunha nota de prensa que nos mandan desde o PSOE camariñán, confírmannos que Pachi Vázquez estará mañán presente na Casa de Pedra de Camariñas no mitin "central da comarca" a partires das 8 da tarde. Na mesma nota, os socialistas recalcan o interés que sempre se mostrou desde o PSOE cando gobernou o bipartito na pasada lexislatura e fan referencia aos 20 millóns de euros invertidos no Concello de Camariñas fronte aos escasos miles de euros do actual presidente da Xunta de Galicia. Agradecen a Pachi Vázquez cando era conselleiro de Medio Ambiente o cal califican como o "mellor da historia para Camariñas" por facilitar as adxudicacións dos novos depósitos de auga potable, especialmente no abastecemento na Ponte do Porto, as depuradoras e colectores de Camelle, Arou, Ponte do Porto, Sta Mariña e Camariñas (atrás quedan os tempos dos cajallóns flotando) e láianse de que a de Xaviña non se concretou por culpa de Feijóo. Tamén describen a este político, médico de profesión durante 10 anos no Carballiño como un "home de palabra" e moi próximo cos problemas dos cidadáns. Mañán, a formación política do PSOE camariñán pedirá o apoio e voto a Pachi Vázquez en agradecemento a todo canto fixo e pode chegar a facer si consigue gobernar Galicia.
Publicado por
Camariñas Directo
ás
19:41
2
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Política
lunes, 8 de octubre de 2012
Bieito Lobeira "ata sempre"
Da mesma maneira que chegou ao hórreo vaise, sin ruído. Por motivos personais e según palabras de Bieito Lobeira de "non querer ser un tapón" este monstruo da política pesqueira "sempre" en defensa dos mariñeiros galegos, transparente e coa verdade por diante acaba de abandonar as primeiras filas do seu partido da alma, o BNG. Despois de 17 anos como parlamentario e 8 de voceiro de pesca nas filas nacionalistas abandona a política das altas esferas a saber por qué pero os que levamos tempo seguindo este tipo de temas que nos afectan sabemos que no medio do seu silencio está a enorme brecha que leva desangrando durante un tempo atrás á formación política nacionalista. Como todo nesta vida, non se pode xeralizar e non todos os políticos viven da conveniencia, sobran nin son corruptos, mentres non se demostre o contrario, é máis, son necesarios, cada un no seu oficio. Este xóven político que se coreou con presidentes da Xunta de Galicia como Manuel Fraga (D.E.P), Touriño e Feijoó e que plantexou centos de propostas non de lei e de lei, miles de preguntas a conselleiros-as de pesca como López Veiga, Carmen Gallego e Rosa Quintana seguirá na militancia pero non será o mesmo. Pensa que pode obstaculizar a novas xeracións e futuras propostas nacionalistas pero personalmente penso que nadie vai poder sustituir a este fillo de mariñeiro e mariscadora de Marín. Desvivíuse pola defensa do sector pesqueiro e chegou a levar un xurelo (na foto) ao mesmo escano de Feijoó cando a política pesqueira comunitaria comenzou a mandar ventos desfavorables nos cupos e descartes de xurelo, peixe que xa se cerrou e abríu a veda tres veces no que vai de ano. Bieito, que corran sempre bos ventos toda a túa vida e onde queira que te atopes...ata sempre.
Publicado por
Camariñas Directo
ás
10:01
0
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Política
domingo, 6 de marzo de 2011
Daniel Rego González é tamén brevemente entrevistado sobre o PXOM
Fai escasos días e ante a importancia dun tema que atañe aos veciños da vila dos encaixes como é o PXOM, primeiro preguntábamos ao señor alcalde de Camariñas sobre certos aspectos en cuestión e eran atendidas e respostadas todas as nosas dúbidas. Desta vez, o máximo representante polas filas Populares do noso Concello, o señor Daniel Rego González, tamén atendíu cordialmente e á enteira disposición desta redacción, o cal tamén se agradece, unha breve batería de cuestións sobre algo tan importante como é o Plan Xeral de Ordenación Municipal. ¿ Por qué a falta de acordo ante algo tan importante para o desenrolo e ordenación dun Concello?. Estas foron as respostas do xefe da oposición...
![]() |
| Daniel Rego González |
Publicado por
Camariñas Directo
ás
13:11
2
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Política
jueves, 3 de marzo de 2011
Unha breve entrevista ao Alcalde de Camariñas sobre o PXOM
| D.Manuel Valeriano Alonso de León-Pichurri |
Publicado por
Camariñas Directo
ás
17:30
4
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Política
sábado, 12 de febrero de 2011
Nova fichaxe no mundo da política en Camariñas

O futbolista camariñán Juan Cabrejo Pasantes (26-5-1975) máis coñecido como Juanillo, ficha polo Partido Socialista de Camariñas. A pesares de que o seu nome non sonaba en ningunha quiniela, o xogador da vila dos encaixes ocupará o número 3 da lista presentada polo PSdeG-PSOE. Lateral esquerdo nos terreos de xogo, agora comeza unha nova andaina e curiosamente tamén pola banda esquerda. Persoa sociable, amable e querida para esta redacción, unha por ser un xogador e persoa exemplar e outra polo vínculo familiar que nos une. Juanillo, dende Camariñas directo desexarche moita sorte nesta nova andaina. Cabe salientar tamén a incorporación nun posto máis abaixo e que cerra as listas da xoven coñecida Mayte Castro Carril, Maytinha, un diamante por pulir.
Publicado por
Camariñas Directo
ás
19:33
8
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Política
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



