Como todos os lectores poden comprobar día a día, aquí en Camariñas Directo, nunca se fai demagoxia nin se manipula ningunha información que non sexa real nin tampouco se incita a votar a Xoán ou Perillán pero vamos ser sinceros e realistas, poucos, incluso nos atrevemos a dicir que ningún aspirante das altas esferas políticas que non fora socialista se acercan a estes recunchos máis afastados da nosa xeografía galega (sobre todo Camariñas) cando se abre a campaña política máis importante de Galicia, máis ben buscan vilas céntricas onde poidan xuntar máis xente e votos e curiosamente o aspirante a ser presidente da Xunta polas filas socialistas visitou en varias ocasións a capital do encaixe, unhas veces por curtas estadías vacacionais e outras pola gran afinidade que ten coa deputada camariñana Marisol Soneira. Nunha nota de prensa que nos mandan desde o PSOE camariñán, confírmannos que Pachi Vázquez estará mañán presente na Casa de Pedra de Camariñas no mitin "central da comarca" a partires das 8 da tarde. Na mesma nota, os socialistas recalcan o interés que sempre se mostrou desde o PSOE cando gobernou o bipartito na pasada lexislatura e fan referencia aos 20 millóns de euros invertidos no Concello de Camariñas fronte aos escasos miles de euros do actual presidente da Xunta de Galicia. Agradecen a Pachi Vázquez cando era conselleiro de Medio Ambiente o cal califican como o "mellor da historia para Camariñas" por facilitar as adxudicacións dos novos depósitos de auga potable, especialmente no abastecemento na Ponte do Porto, as depuradoras e colectores de Camelle, Arou, Ponte do Porto, Sta Mariña e Camariñas (atrás quedan os tempos dos cajallóns flotando) e láianse de que a de Xaviña non se concretou por culpa de Feijóo. Tamén describen a este político, médico de profesión durante 10 anos no Carballiño como un "home de palabra" e moi próximo cos problemas dos cidadáns. Mañán, a formación política do PSOE camariñán pedirá o apoio e voto a Pachi Vázquez en agradecemento a todo canto fixo e pode chegar a facer si consigue gobernar Galicia.
PACHI VÁZQUEZ EN
CAMARIÑAS
O domingo 14, Pachi Vázquez estará en Camariñas.
Os socialistas de Camariñas vamos a expresarlle o agradecemento xa que
nunca poderemos devolver a Pachi todo o que fixo por o noso Concello.
O tan criticado por algúns goberno Bipartito, investiu en Camariñas o redor
de 20 millóns de euros en cambio o goberno do señor Feijóo non foi quen de
rematar nin unha sola obra en este concello.
Pachi Vázquez entendeu a primeira, que o Concello de Camariñas é mar, e por
tanto dende o primeiro momento saneou as
nosas rías, os nosos portos, e as nosas praias, así temos agora case que todo o
concello saneado.
Con Pachi construíronse as depuradoras de Ponte do Porto, a de Camelle e
Arou, a Depuradora de Santa Mariña, e a Depuradora de Camariñas, e dicimos que
case porque nos falta unha, a Depuradora de Xaviña, obra que tiña comprometida
Pachi, e que Feijóo tirouna abaixo dos Orzamentos.
Pachi foi o mellor Conselleiro que tivo nunca a Xunta de Galicia, porque
Pachi é coma nos; Pachi foi alcalde do Carballiño durante 10 anos e por tanto a
Pachi cando lle vas con un problema non hai que explicarlle nada, Pachi ten os
pes no chán.
Pachi Vázquez é
un home de palabra, un home que non vende fume, que o que di, faino, e seguro que a partir do día 21 vai a ser o
mellor presidente que tivo nunca Galicia.
OBRAS DO GOBERNO SOCIALISTA DA XUNTA EN CAMARIÑAS NA PASADA LEXISLATURA.
·
Dique abrigo de Camelle
·
Ampliación porto de
Santa Mariña.
·
Fachada marítima de
Camariñas.
·
Fábrica de Xeo en
Camariñas.
·
Sendas en Prado e
Agramar (Xaviña).
·
Novas rúas nos núcleo
de Buría.
·
Apertura da escola
infantil de Camariñas.
SENDO PACHI VAZQUEZ CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE.
·
Abastecemento de auga
potable a Ponte do Porto.
·
Novo depósito para o
abastecemento de agua.
·
Colectores e depuradora
en Camelle e Arou.
·
Colectores e depuradora
en Ponte do Porto.
·
Colectores e depuradora
en Santa Mariña.
sorpr nunca supen que pachi fose o concelleiro de medio ambiente por esas epocas,gracias por sacarnos aos excrementos humanos da cara,sorpresa a que levo o ver na encuesta que a mayoria da xente non quere ir votar,eu espero que reflexionemos e vaiamos a votar a quen sea.Cajallons flotando jijiji pero e verdade,coma siempre,saudos chabal
ResponderEliminarIrefutablemente co goberno do bipartito insuflouse unha gran inversion pra o noso concello,levando a cabo a importante necesidade das depuradoras,,pero podese seguir atisbando algunhas insuficiencias como que; as augas residuais seguen vertendose o mar na ensenada da afamada fachada maritima,dando unha lamentable imaxe tanto estetica como pra saude do ecosistema maritimo,por iso xa que no seu dia se descriminou esta parte, seria recomendable enmendar o antes posible esta insalubre deficiencia!!!.By Kiños
ResponderEliminar