Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta Reportaxes - Cultura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Reportaxes - Cultura. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de marzo de 2011

Reportaxe: "Unha travesía rumbo á Punta do Costado"


Poucos lugares hai no mundo  tan devotos a cultos paganos coas Pedras, co Sol, co Mar e cheos de Lendas dende épocas primitivas como a Costa da Morte. Historias que alimentaron as raíces de xeración en xeración e que derramaron toneladas de tinta e papel en multitude de artigos. Navegar tan só unha milla e observar tanta cultura, en poucos lugares como na Ría de Camariñas...      


viernes, 18 de febrero de 2011

Raíces de Camariñas por América


De todos é sabido que a igrexa de San Xurxo en Camariñas posúe un dos mellores exemplos de arquitectura da comarca. Con unha fachada de perpiaños de granito e os seus retablos maior(presidido pola Virxe do Carme e San Xurxo montado a cabalo), esquerdo (o da cruz, Xesús atado á columna e Nazareno) e dereito (a Dolorosa), foron esculpidos polo moisés D. Jose Antonio Suárez Ferreiro que se formou con D.José Bambino. Do século XVII (1747-1758) e de estilo Barroco, este precioso monumento ten detrás unha peculiar lenda, foi donada por un indiano ubicado en Buría e que a pesares de non estar aínda probado fixo as américas dunha maneira curiosa. Unha vez se fixo rico e como agradecemento a Deus e ao pobo camariñán onde vivía, donou os cartos para o seu levantamento e rematou na mesma pobreza que antes de partir e cousas da vida está subterrado baixo o altar. Poucos datos e un pequeno resumo de Domingo Antonio Domínguez Canosa...

sábado, 5 de febrero de 2011

Reportaxe: "Unha camiñata polo paseo dos Señores"

                De fondo o Castillo Soberano, os seus restos seguen vixiando á Ria de Camariñas

Nestes días de inverno como o de hoxe, onde o sol está relucinte e un busca a armonía ca natureza e  ao mesmo tempo  alimentar as retinas con unha paisaxe impecable,  nada mellor que bordear calqueira rincón dos moitos que temos polo noso entorno. Neste caso, unha camiñata  entre  a olor a eucalipto que desprende o "paseo dos señores", frecuentado por vellos lobos de mar como o Señor Antón que se mezclan con outras personalidades en calqueira punto dun pinal e alí ante os catro ventos, charlan de todo un pouco enfundados en tranquilidade. Pero non todo é bonito cando un se atopa con algo tan abandoado, á sorte de Deus, en concreto na Punta da Villueira (Punta da Biulleira para os mariñeiros).Pincha abaixo se queres adentrarte un pouco nesta pequena reportaxe.