Vinte minutos antes das 7 da madrugada desta mañá de martes, a radiobaliza do Serviola 1 activábase despois de que o barco chocara contra unha batea na ría de Muros e unha vía de auga provocara un rápido afundimento. Salvamento Marítimo lanzaba un aviso a todos os barcos e movilizaba ao helicóptero e á lancha de salvamento Regulus (coordinados dende Salvamento Marítimo de Fisterra) anque xa non tiveron que intervir ao seren rescatados os tripulantes do pequeno cerqueiro por dous buques que navegaban preto do Serviola. A tripulación formada por cinco homes (dous marroquíes, un senegalés, un mauritano e un español) foi rescatada e como consecuencia do suceso, o mariñeiro natural de Porto do Son e residente en Portosin, Manuel (50 anos), cunha ampla experiencia no mundo do mar falecía e outro mariñeiro de 21 anos de orixe marroquí está ingresado no hospital de Santiago con pronóstico reservado despois de sufrir unha severa hipotermia. O Serviola 1 foi construído e botado en Camariñas no ano 1989 por Manolo de Pirrúa (D.E.P) e sería vendido para Portosín posteriormente, o seu casco era de madeira e tiña pouco máis de 11 metros de eslora.
Mostrando entradas con la etiqueta Sucesos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sucesos. Mostrar todas las entradas
martes, 18 de septiembre de 2012
O barco excamariñán Serviola 1 naufraga na ría de Muros e falece un tripulante de Porto do Son
Vinte minutos antes das 7 da madrugada desta mañá de martes, a radiobaliza do Serviola 1 activábase despois de que o barco chocara contra unha batea na ría de Muros e unha vía de auga provocara un rápido afundimento. Salvamento Marítimo lanzaba un aviso a todos os barcos e movilizaba ao helicóptero e á lancha de salvamento Regulus (coordinados dende Salvamento Marítimo de Fisterra) anque xa non tiveron que intervir ao seren rescatados os tripulantes do pequeno cerqueiro por dous buques que navegaban preto do Serviola. A tripulación formada por cinco homes (dous marroquíes, un senegalés, un mauritano e un español) foi rescatada e como consecuencia do suceso, o mariñeiro natural de Porto do Son e residente en Portosin, Manuel (50 anos), cunha ampla experiencia no mundo do mar falecía e outro mariñeiro de 21 anos de orixe marroquí está ingresado no hospital de Santiago con pronóstico reservado despois de sufrir unha severa hipotermia. O Serviola 1 foi construído e botado en Camariñas no ano 1989 por Manolo de Pirrúa (D.E.P) e sería vendido para Portosín posteriormente, o seu casco era de madeira e tiña pouco máis de 11 metros de eslora.
Publicado por
Camariñas Directo
ás
12:04
2
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Sucesos
jueves, 26 de abril de 2012
Aparece o corpo do pescador desaparecido onte a 300 metros do lugar da traxedia
Publicado por
Camariñas Directo
ás
14:18
2
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Sucesos
miércoles, 25 de abril de 2012
Desaparece un pescador do Concello de Camariñas nas inmediacións do Cementerio dos Ingleses
Lugar do suceso no Porto do Trigo- Fotos Camariñas Directo
|
Esta tarde de mércores sobre as 15:30 h sucedía unha lamentable traxedia nas inmediacións do Porto do Trigo, nunha punta que se atopa entre o Cementerio dos Ingleses e Trece. D. Ovidio Lema estaba practicando a pesca deportiva de sargos con cana dende a costa acompañado do seu cuñado Manolo cando un posible golpe de mar e posterior resbalón precipitábaos ao embravecido mar no cal o seu cuñado nun intento de rescatalo sen éxito sufría arañazos e unha importante lesión na súa perna conseguindo de mala maneira atrapar terra. Aos poucos minutos Ovidio, de 50 anos de idade sumerxíase nas tenebrosas augas mentres o seu cuñado ferido, alertaba a unha persoa que estaba cerca e foi cando se daba a voz de alarma ao 112. Un amplo dispositivo composto polo helicóptero Helimer 204, a lancha de salvamento Salvamar Altair, Protección Civil, Policía Local, Garda Civil e numerosos veciños conmocionados co suceso rastreaban sen éxito ata a última hora desta tarde o lugar da traxedia e proximidades. Mañán a primeira hora do día reanudaranse as tarefas de búsqueda, complicadas ao tratarse de mar aberto pero indispensables estes primeiros 8 días. Desgraciadamente os desaparecidos no mar acaban no peor dos presaxios e agora o único que cabe esperar é atopar o corpo sen vida do coñecido Ovidio para darlle o seu eterno descanso. Natural de Dumbría, estaba casado con Maricarmen, vivia en Dor (Camariñas) e rexentaban o Bar Descanso, estaba retirado e a súa máxima paxión era a pesca deportiva. Deixa dúas fillas e un neto. Dende Camariñas Directo lamentamos este fatal desenlace e mandamos ánimos e moita forza á familia nestes momentos tan duros...
Publicado por
Camariñas Directo
ás
21:48
0
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Sucesos
miércoles, 15 de febrero de 2012
A embarcación Piruco afundíu esta mañá e afortunadamente todo quedou nun susto
![]() |
| Lugar e momento do naufraxio. Fotos Camariñas Directo |
Esta mañá, exactamente ás 10:30, con ventos moderados de Nordés escoitábamos a Toñito, un dos mellores ranas da Costa da Morte e compañeiro dos compañeiros onde os haxa pedir auxilio polo V.H.F (radio marina). O canal 6 que é por onde nos comunicamos sobre todo os pescadores de Camariñas emitía as desesperadas palabras de Toñito antes de que a súa lancha de 6 metros de eslora se fora a pique. Chamando insistentemente por Jose Manuel, a lancha Mary era a embarcación que máis preto se atopaba, mentres, o experto nadador vía como non podía facer nada para controlar a súa lancha de fibra que nese momento levaba unha cacea de nasas de pulpo para un punto da costa máis abrigado, foi despois cando as embarcacións Nautil, patroneada por outro gran rana, O Rubio, a María Teresa (Pedro o coco), a Jema (patroneada por este redactor) e o barco Vicanso (patroneado por Santiago e Juán) poñíamos palanca a fondo e prantábamonos alí en 5 minutos, Jose Manuel e o seu cuñado Jesús tiñan xa a salvo a Toñito abordo, o náufrago aínda tivo que actuar de novo para soltar os cabos das nasas liadas e facer firme outro cabo para que o barco Vicanso remolcara a Piruco ata a rampa que hai no Club Náutico. Desde o punto do naufraxio (exactamente á altura do Cabezo), por fora da liña da Ría de Camariñas a embarcación que se aguantaba semiafundida polas burbullas de aire da proa era recuperada e agora reposa ata poñerse a punto no taller correspondente. Todo quedou nun susto afortunadamente gracias a destreza de Toñito e a rapidez da embarción Mary, unha rapidez e compañerismo sin fin nun charco oceánico onde todos nos vemos as caras e onde non hai crédito a ningunha discrepancia cando se trata de naufraxios ou ter que axudar no que sexa e a quen sexa. Como punto negativo, a rampa do Náutico (a única onde se pode usar o carro) está case sempre ocupada e necesítase dunha zona que estea libre TOTAL para casos de emerxencia...
Publicado por
Camariñas Directo
ás
23:00
2
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Sucesos
lunes, 25 de abril de 2011
Portos reparaba hoxe a barandilla que cedeu e que provocou unha grave caída a dous veciños do Concello de Camariñas
![]() |
| Fotos: Camariñas Directo |
Mentres os dous veciños que sufriron unha grave caída este pasado Xoves Santo nas inmediacións do espigón do porto pesqueiro de Camariñas están a recuperarse, o Ruso do susto e leves contusións e o señor Ramón das graves lesións que sufreu nos pulmóns pola auga tragada despois da caída (desexarlle unha pronta e boa recuperación D. Ramón), parece ser que Portos está levando a cabo unha investigación para intentar saber que sucedeu exactamente e esclarecer uns feitos que de seguro ós accidentados e familiares importalles máis ben pouco nestos momentos todo o que non sexa a súa favorable evolución. Hoxe estaban operarios recolocando no seu sitio a citada barandilla e outra máis que tamén estaba rota á altura do cruce que vai cara a antiga lonxa camariñana. Despois de conversar cunha persoa xubilada que frecuenta a diario o lugar dos feitos entre outros mariñeiros, chegamos á conclusión que primordialmente prima por encima dos supostos culpables, calquera que foran, a "prevención" na cal os profesionais do mar xogamos un papel moi importante...
Publicado por
Camariñas Directo
ás
18:39
9
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Sucesos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

