Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta Artigos Interesantes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Artigos Interesantes. Mostrar todas las entradas

sábado, 31 de agosto de 2013

Fukushima desperta todos os temores das Centrais Nucleares, pero ¿Qué pasa en Galicia?


Foto: Enresa
O Xapón e o mundo enteiro están vixiando as consecuencias que poden chegar a ter as centrais nucleares, para uns necesarias e para outros non tan   imprescindibles si se aproveitaran máis os recursos que nos brinda a natureza. O recente terremoto de case 9 grados na escala Richter e posterior tsunami que sacudía ao país máis poderoso do mundo (que vulnerable e indefenso é o homo sapiens ante a forza da natureza), provocaron que países como España estean revisando todas as súas centrais pero ao que vamos é que parece ser que segue sen importarlle a ninguén  o Cementerio Nuclear que temos preto da costa galega, a pouco máis de 600 kilómetros mar adentro. Nin o millón de cirios de radiación (Chernobil desprendeu 130.000) que varios especialistas aseguran que desprende este basureiro nuclear nas súas proximidades, fan movilizar ningunha conciencia nacional nin internacional para analizar á Fosa Atlántica. Ignorar un problema parece ser a solución do ser racional máis ignorante do planeta co Medio Ambiente, o ser humano...así será o futuro que  deixamos aos que veñen detrás.

martes, 10 de abril de 2012

A foto máis emblemática da emigración galega ten raíces camariñanas

Si miramos no inconsciente de calquer galego unha imaxe que represente a emigración en Galicia, a todos nos ven aquel home co rostro crispado pola pena acurrucando a un neno que tamén chora ao veren partir algún ser querido cara as américas. Esta foto sacada no 1957 na estación marítima da Coruña foi máis que un "pulitzer" para o fotógrafo Manuel Ferrol, nacido nas entrañas do Faro Vilán cando seu pai exercía de torreiro. Antes de falecer no 2003 na cidade herculina, onde residía, o fotógrafo queixábase amargamente que a foto que máis se amosou en todo o mundo non sempre figuraba co seu nome de autor e incluso o escritor Blanco Amor asinaba como súa en Buenos Aires non fai moito dita instantánea. Na súa web oficial, Manuel Ferrol confesa sentirse atraído polo mundo da fotografía cando unha vez deixaba o fermoso Faro Vilán vía nas cunetas centos de homes acribillados durante a Guerra Civil, dahí o temor a confesarse autor de varios recordos plasmados por medo a represalias da época. Sen lugar a dúbidas estamos a falar doutro galego ilustre con raíces camariñanas..."si a vida é un pañuelo". D. Manuel Ferrol, toda a vida formará parte da nosa  Historia... D.E.P..

jueves, 31 de marzo de 2011

Qué foi do matrimonio alemán formado por Anna Maria e Jurgen?

 
Lugar por onde tiraron o coche
Nos acantilados que lindan co monte da Pedrosa, preto de Reira, un matrimonio alemán que supostamente viña de vacacións a Camariñas, no vran do ano 1987, provocaba unha historia rocambolesca sen precedentes na Costa da Morte que no día de hoxe daría a volta ao mundo. A doctora Anna María desaparecía nun suposto accidente de tráfico na nosa vila e un ano máis tarde, aparecía viva xunto á súa tumba, na pequena cidade de Vilseck. Foron detidos ela e o seu marido  por intento de estafa ás catro aseguradoras das que dispoñían. Un auténtico guión de película...